Miguel de Oquendo
Miguel de Oquendo y Domínguez de Segura[1], nado en Donostia en 1534 e finado en Pasaia (Guipúscoa) en 1588[1], foi un Almirante da mariña española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1534 (Gregoriano) Donostia |
Morte | 2 de outubro de 1588 (53/54 anos) Donostia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mariño , oficial |
Lingua | Lingua éuscara e lingua castelá |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada Española |
Rango militar | almirante |
Conflito | Guerra anglo-española de 1585-1604 e Crise de sucessão de 1580 (pt) |
Familia | |
Fillos | Antonio de Oquendo |
Traxectoria
editarFoi pai do tamén almirante Antonio de Oquendo y Zandátegui, iniciando unha dinastía naval que perduraría varias xeracións.
En 1575 participou cunha nave da súa propiedade na xornada de Orán. En 1582 participou como capitán xeneral da escuadra de Guipúscoa na Batalla da Illa Terceira ás ordes de Álvaro de Bazán. Nesta batalla rendeu a Almirante Francesa, pondo nela a súa bandeira e apoderándose da inimiga como trofeo. En 1583 tomou parte no desembarco e conquista da Illa Terceira, recoñecendo primeiro a costa para determinar o lugar de desembarco e dando apoio naval ás operacións.
En 1588 canda a Recalde foi nomeado tenente da Armada Invencible, para complementar os poucos coñecementos mariñeiros do Duque de Medina Sidonia. Tras a derrota regresa o 24 de setembro de 1588 a Pasaia onde morreu o pouco debido as feridas sufridas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Enciclopedia de la Nación Española". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Enciclopedia General del Mar. Ediciones Garriga Barcelona (1957)
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- MIGUEL de OQUENDO y DOMÍNGUEZ de SEGURA[Ligazón morta](en éuscaro), (en castelán) e (en inglés)