Miguel García Camba
maxistrado e político galego
Miguel García Camba, finado en Pontevedra o 30 de outubro de 1892[1], foi un maxistrado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 30 de outubro de 1892 Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | maxistrado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Foi xuíz en Ourense. Membro do Partido Progresista, foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Ourense nas eleccións de 1843. Foi director de El Progreso Constitucional en 1865[2]. Durante o Sexenio Democrático presentouse a deputado polo distrito de Becerreá nas eleccións de 1871 pero foi derrotado por Manuel Becerra Bermúdez. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Becerreá nas eleccións de 1876. Formou parte da comisión organizadora da Sociedade Económica de Amigos do País de Pontevedra en 1887. Foi cabaleiro de Santiago.
Vida persoal editar
Casou con Teresa Valle Castro, que faleceu en 1883.
Notas editar
- ↑ Gaceta de Galicia, 2-11-1892, p. 2.
- ↑ La Correspondencia de España, 25-1-1865, p. 2.