Miguel Gómez Pardo
Miguel Gómez Pardo, nado en Oza dos Ríos cara a 1901 e finado en Vigo o 30 de outubro de 1936, foi un xastre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Oza dos Ríos, España |
Morte | 30 de outubro de 1936 (34/35 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xastre , político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Xastre establecido en Lavadores, o seu taller sufriu un incendio en abril de 1932.[1] Na República foi elixido vogal da Agrupación Artística de Lavadores en 1933.[2] En setembro de 1935 foi elixido vicesecretario do Subcomité Socialista de Lavadores presidido por José Antela Conde.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo por rebelión militar o 18 de outubro, sendo defendido por José Queizán Hermida,[4] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo o 30 de outubro con Humberto Solleiro Rivera, Francisco González Martínez e Gabino González Martínez.[5]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Miguel Gómez Pardo na páxina web Nomes e Voces.