Mickey Mouse

personaxe animado de Disney

Mickey Mouse é un personaxe de debuxos animados e emblema da compañía Disney. Creado en 1928, é un rato antropomórfico. Walt Disney prestou a súa voz ó personaxe desde 1929 ata 1946, cando foi substituído polo técnico de son Jimmy MacDonald. Desde 1977 a voz é de Wayne Allwine. Ó longo dos anos Mickey apareceu en debuxos animados, tiras cómicas, videoxogos, e converteuse na icona da compañía Walt Disney.

Orixe editar

Mickey Mouse creouse como substituto de Oswald the Lucky Rabbit, un personaxe de banda deseñada creado en 1927 por Ub Iwerks para o estudio Disney con contrato co produtor Charles Mintz para a Universal Studios, que se comprometía a realizar 26 curtametraxes cun orzamento de 2250$ por filme[1] que adquire popularidade e na primavera de 1928, Disney pídelle a Mintz un aumento do orzamento dos filmes ata 2500$, ao que Mintz retruca cunha petición de baixada do presuposto nun 20% a porcentaxe dos benefecios, lémbrandolle que era a Universal a que tiña os dereitos dos personaxes e tiña so contrato a varios dos debuxantes de Disney, este negouse a chegar a un acordo pero cumpriu o contrato e produciu os filmes que lle restaban de Oswald. Tras a crise o novo estudio de Disney apenas contaba con Ub Iwerks, Les Clark e Wilfred Jackson. A lenda oficial explica que foi creado por Walt Disney durante unha viaxe en tren, e que o seu nome inicial foi Mortimer, pero que cambiou a Mickey a petición da súa esposa, Lillian. Segundo Bob Thomas, a lenda do nome é ficticia, e cita o caso dun personaxe chamado Mortimer Mouse, que naceu en 1936, tío de Minnie Mouse. A versión máis verosímil é Disney pediu a Iwerks que deseñara ideas para un novo personaxe, realizando varias ideas baseadas en animais, unha vaca e un cabalo que Disney rexeitou, pero máis tarde retomáronse como Clarabelle Cow e Horace Horsecollar.[2]. Mickey non é máis que unha variación do personaxe de Oswald. A Walt Disney hai que atribuírlle tanto a voz do personaxe (dobrouno durante 17 anos) como a personalidade e o carácter do rato. The Walt Disney Company celebra o aniversario de Mickey o 18 de novembro de 1928, a raíz da estrea de Steamboat Willie, primeira curtametraxe sonora de debuxos animados.

Notas editar

  1. Barrier, Michael (2008). The Animated Man: A Life of Walt Disney. University of California Press. p. 53-56. ISBN 978-0-520-25619-4. 
  2. Kenworthy, John (2001). The Hand Behind the Mouse (Disney ed.). New York. pp. 53–54. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar