Mickell Gladness
Mickell Jawaun Gladness, nado o 26 de xullo de 1986 en Birmingham (Alabama), é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Axente libre | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1986 (37 anos) Birmingham (Alabama) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Sylacauga (Sylacauga, Alabama) |
Universidade | Lawson State CC (2004–2005) Alabama A&M (2005–2008) |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Matrixx Magixx (2008–2009) Rio Grande Valley Vipers (2009–2011) Dakota Wizards (2011) Miami Heat (2011–2012) Golden State Warriors (2012) Santa Cruz Warriors (2012–2013) Reno Bighorns (2013–2014) Jiangxi Xinye (2014) Townsville Crocodiles (2014–2015) Canterbury Rams (2015) Maccabi Ashdod (2015–2016) San Lorenzo de Almagro (2016) Kalev/Cramo (2016–2017) Bilbao Basket (2017–2018) Ironi Nes Ziona (2018) Pistoia Basket (2018−2019) Benfica (2019) SeaHorses Mikawa (2019) San-en NeoPhoenix (2019−2020) Arka Gdynia (2020) |
Traxectoria profesional editar
Gladness non foi seleccionado no Draft da NBA de 2008. Xogou nos Países Baixos, e nos Rio Grande Valley Vipers e Dakota Wizards da NBA Development League nos seus primeiros tres anos de carreira.
O 24 de decembro de 2011, os Heat anunciaron que Gladness se atopaba no equipo para a tempada 2011-12.[1] Foi cortado polos Heat o 7 de febreiro de 2012.[2] Cinco días máis tarde, o 12 de febreiro, asinou un contrato de 10 días con Miami. O 28 de febreiro, asinou outro contrato de 10 días cos Heat.
Gladness asinou un contrato de dez días cos Golden State Warriors o 22 de marzo de 2012.[3] O 1 de abril de 2012, os Warriors ficharon a Gladness para o resto da tempada.[4]
Notas editar
- ↑ "Official Miami Heat Twitter account". Twitter. Miami Heat. 24 de decembro de 2011. Consultado o 24 de decembro de 2011.
- ↑ "HEAT Request Waivers on Mickell Gladness". NBA.com. NBA Media Ventures, LLC. 7 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de febreiro de 2012.
- ↑ Thompson II, Marcus. "Warriors sign center Mickell Gladness to 10-day contract - San Jose Mercury News". Consultado o 24 de marzo de 2012.
- ↑ "Warriors Sign Mickell Gladness For Remainder Of Season". Golden State Warriors (en inglés). Consultado o 2020-04-03.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Perfil en NBA.com (en inglés)