Michael Owen
futbolista británico
Michael James Owen, nado o 14 de decembro de 1979 en Chester (Cheshire), é un xogador de fútbol inglés, que actualmente xoga no Stoke City FC. Xogou tamén no Liverpool F.C., Real Madrid e Newcastle United. Foi 78 veces internacional coa selección inglesa. Nos anos 1998 e 1999 foi máximo goleador da Premier League. No ano 2001 foille entregado o Balón de Ouro como mellor futbolista do mundo.