Michael Mallin
Michael Mallin ou Mícheál Ó Mulláin, nado o 1 de decembro de 1874 en Dublín (Irlanda) e executado na prisión de Kilmainham Gaol o 8 de maio de 1916, foi un rebelde e socialista irlandés que tomou parte activa no Alzamento de Pascua de 1916.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1874 Dublín |
Morte | 8 de maio de 1916 (41 anos) Kilmainham Gaol (en) |
Causa da morte | Ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Arbour Hill Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | rebelde , Socialista , sindicalista |
Carreira militar | |
Lealdade | Exército Británico |
Conflito | Alzamento de Pascua |
Traxectoria editar
Mallin era o segundo comandante do Exército Cidadán Irlandés baixo a dirección de James Connolly e comandaba a gornición de St. Stephen's Green en Dublín, xunto a Constance Markievicz. Era considerado un comandante valente e competente, a pesar de que o ataque á gornición sen ocupar os edificios dos arredores foi un erro evidente (se este era ou non o plan de Mallin non está claro).
Mallin rendiuse o domingo 30 de abril cando llo ordenou Connolly. Ante o consello de guerra que o xulgou tentou minimizar a súa participación, mais foi condenado a morte e fusilado o 8 de maio.