Michael Keating
Michael Keating, nado o 2 de febreiro de 1950 en Inglaterra, é un escritor e politicólogo escocés que ten desenvolvido estudos sobre Galicia.[1]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1950 (74 anos) Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Educación | Pembroke College (en) Universidade Caledônia de Glasgow (pt) |
Actividade | |
Ocupación | politicólogo , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Western Ontario (pt) Universidade de Aberdeen (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
Traxectoria editar
Keating naceu no nordeste de Inglaterra, se ben pola súa familia procedía de Escocia, Irlanda e o Canadá, e de feito conserva estas tres nacionalidades.[2] Licenciouse en Politicoloxía na Universidade de Oxford (1971) e doutorouse na Universidade Politécnica de Glasgow en 1975. Como docente comezou traballando en 1975 para a universidade de Essex, en 1976 trasladouse á universidade Politécnica de North Stafordshire, ambas as dúas en Inglaterra, e en 1979 comezou unha década de ensinanza na Universidade de Strathclyde, en Glasgow.
En 1988 marchou ao Canadá, onde traballou na Universidade de Ontario Occidental e unha década máis tarde, en 2000 trasladouse de novo a Europa para conseguir unha praza na Universidade de Aberdeen e dar clase no Instituto Universidade Europea de Firenze, onde chegou a ser o director do departamento de Políticas. En 2010 regresou de novo a Aberdeen. Como profesor visitante, ensinou no Instituto de Estudos Políticos de París, na Universidade de Santiago de Compostela, na Universidade do País Vasco, na Universidade Estatal e Politécnica de Virxinia, no Instituto Nobel ou na Universidade de Grenoble.[3]
Como investigador especializouse na análise dos movementos nacionalistas en Europa, e en especial Escocia, Cataluña, o País Vasco ou Galicia. É membro da Royal Society of Edinburgh e doutor honoris causa pola universidade Católica de Mons (Bélxica).
Obra editar
- Nations against the State: The New Politics of Nationalism in Quebec, Catalonia and Scotland (Macmillan, 1996)
- The political economy of regionalism (Portland, 1997)
- Plurinational Democracy: Stateless Nations in a Post-Sovereignty Era (Oxford University Press, 2001)
- Minority nationalism and the changing international order (Oxford University Press, 2001)
- Culture, institutions, and economic development: a study of eight European regions (Edward Elgar, 2003)
- Regions and regionalism in Europe (Edward Elgar, 2004)
- The Government of Scotland: Public Policy Making after Devolution (Edinburgh University Press, 2005),
- Approaches and Methodologies in the Social Sciences (Cambridge University Press, 2008), a canda Donatella della Porta.
- The Independence of Scotland (Oxford University Press, 2009)
Notas editar
- ↑ Politics and the Iberian Periphery: Galicia (Spain) 2011[Ligazón morta], web da Universidade de Cardiff.
- ↑ Scottish political expert appointed by University of Aberdeen, web da Universidade de Aberdeen.
- ↑ *Professor Michael Keating Ficha profesional Arquivado 12 de xullo de 2010 en Wayback Machine., web da Universidade de Aberdeen.