Mi maior (no sistema americano de cifras E) é, na música, a tonalidade que consiste na escala maior de mi.

Mi maior
Mi maior
Tonalidade
Relativa Dó díese menor
Homónima Mi menor
Notas
Mi, Fá♯, Sol♯, Lá, Si, Dó♯, Ré♯, Mi

A súa escala maior harmónica contén un Dó. Polo tanto, a súa armadura contén catro díeses. A súa tonalidade relativa é dó díese menor e a súa tonalidade paralela mi menor. Se é necesario, escríbense cambios nas versións melódica e harmónica.

 {
\override Score.TimeSignature #'stencil = ##f
\relative c' {
  \clef treble \key e \major \time 7/4 e4 fis gis a b cis dis e dis cis b a gis fis e2
  \clef bass \key e \major
} }

Usos editar

 
O acorde de tríada (mi maior): mi, sol♯, si.

Os gregos atribuían certas calidades a cada modo, xa que cada un era facilmente recoñecíbel debido aos diferentes tamaños dos seus intervalos nas súas escalas. Por outra banda, dende o uso do temperamento igual, todos os intervalos de todas as teclas son por definición iguais, polo que non ten sentido falar de calidades dunha tecla diferentes ás doutra. A pesar diso, o compositor ruso Aleksandr Skriabin (1872-1915) considerou o Mi maior como “a máis pura das tonalidades”, e escolleuna para representar a cor branca na sinestesia.

Na música clásica editar

Dúas das 104 sinfonías de Haydn están en Mi maior, os números 12 e 29. Mesmo no século XIX, as sinfonías nesta clave son raras, sendo a Sinfonía n.º 7 de Anton Bruckner un dos poucos exemplos. Dúas sinfonías que comezan en Re menor e rematan en Mi maior son a Sinfonía “gótica” deHavergal Brian (1876-1972) e Sinfonía nº 4 de Carl Nielsen (1865-1931). A Sinfonía núm.4 de Gustav Mahler (1860-1911) comeza en Sol maior e remata en Mi maior.

Ademais, Mi maior é a clave do movemento final da Sinfonía Inacabada de Franz Schubert (1797-1828), a Sinfonía nº 4 de Mahler, a Sinfonía núm. 2 de Serguéi Rakhmáninov (1873-1943) e a Sinfonía núm. 10 de Dmitri Shostakovich (1906-1975). Nikolai Rimskii-Korsakov compuxo a súa coñecida obra "Scheherazade" en varias claves, caendo varias veces e rematando en mi maior.

Esta clave é difícil para os instrumentos de vento, aceptábel para os instrumentos de corda da orquestra sinfónica, e moi adecuada para a guitarra. Se estivesen dispoñíbeis, os clarinetes en La deberían usarse en lugar dos clarinetes en Si bemol, para os primeiros escribiríase en sol maior, mentres que para os segundos estaría en Fa díese maior ou Sol bemol.

Outras composicións en Mi maior:

Na música popular editar

Algúns exemplos de cancións que usan o acorde en mi maior son "Walking on Sunshine" de Katrina and the Waves ou "Here Comes the Sun" de The Beatles. Hai moitÍsimas outras cancións que fan uso do acorde de mi maior para transmitir emocións similares, de rock, folk ou música popular brasileira.[5]

Notas editar

  1. Partitura da música Morceaux de Fantaisie 3 - Melody in E Major, de Sergei Vasilievich Rachmaninoff - Cantorion
  2. "Beethoven Piano Sonata no. 9 in E major, Op. 14 no. 1 - Download free sheet music". musopen.org (en inglés). Consultado o 2022-12-17. 
  3. Vivaldi. "Vivaldi Spring". Consultado o 2022-12-17. 
  4. https://imslp.org/wiki/Violin_Concerto_in_E_major,_BWV_1042_[Ligazón morta]
  5. "Música Popular Na America Do Sul Actas-IASPM-AL-2014 ; PDF ; America latina ; Jazz". Scribd (en portugués). Consultado o 2022-12-17. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.