Os mexillóns tigres, tamén chamados mexillóns recheos ou mexillóns rabiosos, son un prato servido coma tapa ou petisco orixinario de Galicia, mais é popular en moitas zonas do norte de España, e tamén como tapa en Madrid. Consiste nunhas cunchas de mexillóns enchidas, rebozadas e fritidas.[1] Adóitanse servir fríos ou quentes coma tapa, xeralmente acompañando unha bebida: viño (xeralmente viño branco: un albariño[1]) ou un vaso de cervexa.

Mexillóns tigre

Outros nomes Mexillóns recheos
Mexillóns rabiosos
Tipo Petisco
Temperatura Frío e quente
Orixe Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Ovo duro
Mexillón
Orixe vexetal Cebola
Allo
Pan relado

Características editar

O recheo dos tigres adoita constar dunha masa na que participan a carne dos propios mexillóns, cebola, allo, pan relado, un ovo duro. As máis das veces acostúmase engadir algún mollo picante. Adóitase formar unha masa mesta (semellante a unha bechamel[2]) que rechea a cuncha do mexillón. Rebózase con pan relado (empánase) e frítese en aceite a ferver até que collan unha cor dourada. Ás veces chámaselle tigre á croqueta elaborada coa mesma masa, mais sen a carapaza.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 CEAC, (2007), Cocina de Fiesta, Ediciones CEAC, pág. 36
  2. Ángela Landa, (2006), A fuego lento: la cocina de Ángela Landa, 4ª Ed, Editorial NEREA, pág. 19