Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama se desenvolve nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero.[2] Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas.

Metropolis
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalMetropolis
DirectorFritz Lang
ProdutorErich Pommer
GuiónThea von Harbou
Fritz Lang
IntérpretesAlfred Abel
Brigitte Helm
Gustav Fröhlich
Rudolf Klein-Rogge
MúsicaGottfried Huppertz
FotografíaKarl Freund
Günther Rittau
Walter Ruttmann
EstudioBabelsberg Studios
DistribuidoraUFA
Estrea10 de xaneiro de 1927[1]
Duración148 minutos
(restauración de 2010)
153 minutos
(estrea de 1927, perdida)
OrixeAlemaña República de Weimar
XéneroFicción científica
Orzamento5 100 000 Reichsmark (estimado)
Na rede
IMDB: tt0017136 Filmaffinity: 282386 Allocine: 240 Rottentomatoes: m/1013775-metropolis Mojo: metropolis27 Allmovie: v32362 TCM: 5892 Metacritic: movie/metropolis TV.com: movies/metropolis Netlix: 60026474Editar o valor em Wikidata

O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Protagonizárono Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.

Metropolis é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os filmes documentais dos irmáns Lumière, Los olvidados, dirixida por Luis Buñuel de 1950 e The Wizard of Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.

Feito en Alemaña durante a República de Weimar, Metropolis segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. Metropolis foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de Reichsmarks.[3] Así, foi o filme máis caro daquela época.[4]

Sinopse editar

Nunha megalópole do ano 2026, os obreiros viven recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade e do que non poden saír. Pero, incitados por un robot, rebélanse contra a clase intelectual que ten o poder e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder (Gustav Fröhlich), o fillo do soberano de Metropolis, e María, unha rapaza de orixe humilde, intentarán evitar a destrución apelando ós sentimentos e ó amor.

Personaxes editar

 
Cartel dunha proxección de Metropolis no Brasil en 1930.
 
Réplica do robot Maria.

Notas editar

  1. Kreimeier, Klaus (1999). The Ufa story: a history of Germany's greatest film company, 1918–1945. Berkeley: University of California Press. p. 156. ISBN 0-520-22069-2. 
  2. SciFi Film History - Metropolis (1927) Arquivado 10 de outubro de 2017 en Wayback Machine. - Although the first science fiction film is generally agreed to be Georges Méliès' A Trip To The Moon (1902), Metropolis (1926) is the first feature length outing of the genre. (scififilmhistory.com, retrieved 15 May 2013)
  3. Hahn, Ronald M. / Jansen, Volker: Die 100 besten Kultfilme. Heyne Filmbibliothek, München 1998, ISBN 3-453-86073-X, S. 396 (German)
  4. "Total Sci-Fi Online". Time Tunnel: Metropolis. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2009. Consultado o 13 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar