Metro de Nova York

sistema de transporte público da cidade de Nova York

O Metro de Nova York (en inglés: New York City Subway) é o sistema de transporte ferroviario urbano máis grande dos Estados Unidos e un dos máis grandes do mundo, con entre 420 e 475 estacións (dependendo de como se contabilicen os puntos de transbordo: a MTA usa 469 como número oficial de estacións) e 1.062 quilómetros de vías primarias en servizo. Se se contan as vías secundarias en talleres e cocheiras o total ascende a 1.361 km.

Metro de Nova York

Convoi do Metro de Nova York na estación do World Trade Center.
Información
CidadeNova York, Estados Unidos
Liñas24
Sitio webmta.info
Operacións
Inauguración9 de outubro de 1863 (primeira operación de ferrocarrís)
27 de outubro de 1904 (primeira sección subterránea)
Operador(es)New York City Transit Authority
Rede394 km
1 361 km (lonxitude total das vías)
Vel. máxima89 km/h
Mapa da rede

É operado pola Autoridade de Tránsito da Cidade de Nova York (New York City Transit Authority en inglés), denominándose coloquialmente MTA New York City Transit por parte da Autoridade Metropolitana de Transporte (Metropolitan Transportation Authority en inglés, MTA polas súas siglas) da que é unha axencia afiliada. As dúas son axencias creadas polo Estado de Nova York, en 1953 e 1968, respectivamente, para explotar os transportes de titularidade pública da cidade no caso de New York City Transit Authority, e para supervisar o transporte público na Rexión da Cidade de Nova York no caso da MTA.

Liñas e rutas editar

División A editar

Tamén coñecida como División IRT, pois ata 1940 estas liñas eran operadas pola Interborough Rapid Transit Company.

Ruta Liña
  Broadway-Seventh Avenue Local
  Broadway-Seventh Avenue Express
  Broadway-Seventh Avenue Express
  Lexington Avenue Express
  Lexington Avenue Express
   Lexington Avenue Local/Express
   Flushing Local/Express
  42nd Street Shuttle
 
Estación elevada da Rúa 125, na liña da Sétima Avenida-Broadway.

División B editar

Tamén coñecida como División BMT/IND, pois ata 1940 estas liñas eran operadas pola Brooklyn-Manhattan Transit Corporation e o Independent Subway System.

Ruta Liña
  Eighth Avenue Express
  Sixth Avenue Express
  Eighth Avenue Local
  Sixth Avenue Express
  Eighth Avenue Local
  Sixth Avenue Local
  Crosstown Local
  Nassau Street Express
  Nassau Street Express
  Canarsie Local
  Nassau Street Local
  Broadway Local
  Broadway Express
  Broadway Local
  Franklin Avenue Shuttle
  Rockaway Park Shuttle
  Broadway Local

Liñas futuras editar

A liña da Segunda Avenida, en construción dende 2008, incorporaráse aos servizos da División B.

Ruta Liña
  Second Avenue Subway

O metro na cultura popular editar

 
Os graffitis nos trens do metro de Nova York son unha das imaxes máis recoñecibles da cidade durante os anos 70 e 80.

No cine editar

O metro de Nova York ten aparecido de forma protagonista en moitos filmes. Un dos máis notables na película de 1971 The French Connection. A persecución do remolque do metro polo coche do protagonista baixo a liña elevada de BMT West End é considerada como unha das mellores escenas de persecución na historia do cine. No ano 1974 estréase The Taking of Pelham One Two Three, centrado no secuestro dun tren número 6 en Manhattan. O filme de culto The Warriors, de 1979, basea o seu argumento nunha grupo de mozos delincuentes tomando o metro dende o norte do Bronx ata Coney Island, no sur de Brooklyn. O filme de 2004 Spider-Man 2 conta cunha secuencia dunha loita e choque dun tren elevado fóra de control en Manhattan, aínda que na realidade foi filmado no metro de Chicago.

Na música editar

Na música, unha das cancións máis coñecidas sobre o metro da cidade é Take the A Train (en galego: Colle o Tren A), composta por Billy Strayhorn e versionada pola banda de Duke Ellington, o tema está inspirado na liña A, que vai dende o sur de Brooklyn a Harlem. A antiga entrada da estación de Times Square pódese ver na portada do álbum Loaded, do grupo de rock The Velvet Underground.

Graffiti editar

O metro é recordado pola xente que vivía na cidade ao longo dos anos 70 e 80 polo crime e o graffiti, mais isto foise reducindo dende finais dos 80 ata hoxe en día, co chamado Clean Train Movement.

Sobre a cultura do graffiti no metro fixéronse varios filmes e series, coma o documental de 1983 Style Wars ou a serie de Netflix Get Down, esta última centrada tamén no mundo do hip hop. Rumi e Thor, personaxes da serie, son os que máis se ven influenciados en pintar os vagóns do metro con mensaxes de loita e protesta dirixidos á poboación neoiorquina.

Os trens completamente pintados de graffitis contrastan enormemente cos actuais, relativamente limpos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar