O Metro de Málaga é unha rede de transportes para a cidade de Málaga baseada en varias liñas de metro servidas con unidades tranviarias. Esta rede, actualmente en construción, unirá diferentes puntos da cidade e terá enlaces co resto de redes de transporte do Consorcio de Transporte Metropolitano da área de Málaga (autobús, tren de proximidade e metro).

Metro de Málaga

Tren na Estación de Perchel.
Información
DonoXunta de Andalucía
CidadeMálaga, España
TipoMetro lixeiro
Liñas2
Estacións17
Pasaxeiros (ano)6,3 millóns
Operacións
Inauguración30 de xullo de 2014
Vel. máxima70 km/h
Mapa da rede

Historia editar

O Metro en Málaga iníciase a finais dos 90, cando se expón a posibilidade de crear unha rede de metro lixeiro que permitise mellorar a situación de caos circulatorio da cidade. Para iso, realízanse as primeiras propostas, nas que se expuña a clase de vehículos e a forma das plataformas sobre as que viaxarían. Por exemplo, chegaron a verse planos sobre como se deseñaría o metro lixeiro ao longo da Avenida Herrera Oria.

Non se tarda moito tempo en pensar que quizais resultase máis conveniente realizar parte do trazado subterráneo. A idea empeza a tomar forma, e finalmente refúgase a formulación inicial do metro lixeiro para empezar a deseñar unha completa rede de metro para a cidade, aínda que cunha alta porcentaxe do trazado por superficie.

O 30 de outubro de 2001 a Consellería de Obras Públicas e Transportes da Xunta de Andalucía encarga o estudo informativo da rede de metro para Málaga, tomando como base o Plan Intermodal de Transportes que expuxera inicialmente 4 liñas. Neste estudo exponse as liñas do metro, os trazados que van ter e a infraestrutura, así como outros aspectos, como previsións de demandas.

Con este estudo, determínase utilizar un sistema de dobre vía con ancho internacional, unha distancia media de 500 metros entre paradas e un alto nivel de accesibilidade. O financiamento corre a conta da Xunta de Andalucía (a metade do gasto), o Concello de Málaga e o Goberno central.

Determinouse a construción das liñas 1 e 2 nun primeiro momento; o resto das liñas construiranse en datas posteriores. A adxudicación das obras e da explotación de ambas as liñas durante 30 anos correspondeu a unha unión temporal de empresas liderado por FCC e no que tamén se atopan as compañías Sando, Comsa, Azvi e Beira. A proposta deste consorcio era a máis económica, 413 millóns de euros, pero tamén a que levaría máis tempo de obra.

O proxecto definitivo de construción do metro apróbase en abril de 2005 por parte da Xunta de Andalucía, incluíndo algunhas pequenas modificacións con respecto ao proxecto inicial.

O 17 de novembro de 2005, a Xunta de Andalucía presenta o proxecto construtivo da liña 2. Este proxecto non inclúe o tramo inicial da liña (desde o centro ata a estación María Zambrano) debido a algúns cambios que aínda se están estudando.