Metriopelia ceciliae

Metriopelia ceciliae é unha especie de ave columbiforme da familia Columbidae, que se distribúe pola Arxentina, Bolivia, Chile e o Perú.

Descrición

editar

Entre as tres pombas de Lima esta recoñécese facilmente pola súa cor marrón terra coas puntas das ás brancas, o que fai un efecto estrelado. Ten un anel de pel descuberta ao redor dos ollos de cor laranxa intenso. Ao bater as súas ás fai un son semellante a un axóuxere, de aí o seu nome común en castelán, "paloma cascabelita".[1]

Historia natural

editar

Habita en zonas abertas e rochosas dende a serra baixa á serra alta (900 a 4000 msnm) dos Andes. Adóitase ver en grupos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lopez Mazzotti, Daniel (1989). Notas sobre Aves de Lima. Lima: Corporación de Desarrollo de Lima - CorLima.