Metate

prancha de pedra na que se moen grans coma os de millo ou os de cacao

Metate (do náhuatl metlatl ) é o nome que se dá en América Latina, e especialmente en México, a un morteiro de pedra cortado rectangularmente.

metate precolombiano, que se atopa actualmente no Museo da Reserva Antropolóxica de Cuicuilco, no Distrito Federal de México.

Partes e tipos editar

O metate consta de dous elementos, a placa de moer rectangular denominada habitualmente metate e outra peza cilíndrica, tamén de pedra, con extremos de menor diámetro para poder agarrar con seguridade coñecida como metlapilli, man de metate ou "fillo do metate", que se usa contra o metate para moer grans ou outro elemento de presión entre ambos para romper o gran. Pódese atopar en diferentes tamaños, algúns miden uns poucos centímetros e outros alcanzan máis dun metro de lonxitude. [1]

Notas editar

  1. Yucatán en el tiempo. Mérida, Yucatán. 1998. ISBN 970 9071 04 1. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar