Mesembryanthemum nodiflorum

especie de planta

A Mesembryanthemum nodiflorum é unha planta herbácea papiloso-hialina, glauco, verde ou avermellada, de escaso porte, da familia das Aizoáceas.

Morfoloxía editar

Mostra talos de 2-22 cm, ergueitos ou decumbentes, moi ramificados desde a base, carnosos. As súas follas son subcilíndricas e papilosas, verdes ao principio e avermelladas ou purpúreas na madurez, de 1-4 cm de lonxitude e 1-2 mm de ancho, basais opostas e superiores alternas. Flores solitarias brancas de 1 cm de diámetro, de sépalos desiguais, crasos, papilosos, e pétalos de aproximadamente o mesmo tamaño que os sépalos, brancos ou amarelos. Anteras amarelas. Sementes de 0,8-1 por 0,5-0,6 mm, triangulares ou semicirculares, de cor parda-avermelladas, verrugosas.

Vida e reprodución editar

Florece de febreiro a xullo. Ciclo anual (terófito). A final de primavera adquire a súa característica cor vermella. Esténdese sobre chans espidos.

Hábitat editar

Terreos rochosos e arenosos do litoral (rupícola e psammófila). Vive en zonas moi cálidas, sobre terreos salinos (halófila).

Distribución editar

Rexión Mediterránea, Península Ibérica (tanto as costas mediterráneas como atlánticas), Illa de Alborán, Canarias, norte de África.

Usos editar

Usouse para a obtención de sosa. Das súas sementes extraían os guanches das Canarias un tipo de gofio utilizado en épocas de escaseza chamado Gofio de vidro, máis salgado que o normal.

Taxonomía editar

Mesembryanthemum nodiflorum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 480. 1753.[1]

Etimoloxía

Mesembryanthemum: nome xenérico que foi outorgado por Linné, seguindo a Dillenius, e supón que tal nome indica que o embrión adoita estar colocado no medio da flor (do grego: mesós = "colocado no medio" e émbryon = "ser recentemente nado" // bot. "xerme"; e ánthemon = "flor"). Pola contra, Breynius, creador da palabra, escribe Mesembrianthemum e explica a súa etimoloxía supoñendo que as súas flores se abren ao mediodía ( mesémbría = "o mediodía" e ánthemon = flor).[2]

nodiflorum, epíteto do latín nodus (nodo ou nodoso), e florus (flor), en referencia ás flores que xorden dos nodos dos talos.

Sinonimia

Notas editar

  1. "Mesembryanthemum nodiflorum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de abril de 2013. 
  2. Flora Ibérica
  3. "Mesembryanthemum nodiflorum". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 26 de novembro de 2009. 
  4. Mesembryanthemum nodiflorum en PlantList

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Valdés B., Talavera S., e Fernández-Galiano E. Mesembryanthemum nodiflorum L. (Ed. Ketres) Flora Vascular de Andalucía Occidental.
  • S. Castroviejo. Mesembryanthemum nodiflorum L. (Real Xardín Botánico) Castroviejo e al (eds.), Flora ibérica Vol. 2, Páx. 80.

Ligazóns externas editar