Mesa redonda de debate

Non confundir coa Táboa Redonda da corte do rei Artur.

Unha mesa redonda (de debate) é un grupo de discusión de persoas en torno a un tema relevante, dirixida por un moderador, ante un auditorio constituído por persoas interesadas no tema. O moderador abre a sesión, concede a palabra alternativamente aos opoñentes, formula preguntas, controla o tempo de participación e pecha a sesión cunha síntese e un comentario persoal.[1]

Características da mesa redonda editar

  • Forma de discusión a modo de conversación.
  • Control parcial do moderador.
  • Exposición de diferentes puntos de vista, feitos e actitudes sobre un tema.
  • Máxima interacción entre os integrantes da mesa.
  • Útil para definir puntos de acordo e desacordo e chegar a conclusións comúns.
  • Fomento das relacións humanas e da habilidade para comunicarse.[2][3]

Preparación e desenvolvemento dunha mesa redonda editar

  1. Elixir un tema polémico.
  2. Ter claros os obxectivos da reunión.
  3. Seleccionar aos participantes co coidado de que teñan puntos de vista diverxentes sobre o tema.
  4. Elixir un moderador imparcial.
  5. Planificar previamente a reunión cos participantes, sen que haxa discusión preliminar.
  6. Dar un tempo (por exemplo, uns dez minutos) para unha primeira rolda.
  7. Establecer unha quenda onde o público exprese as súas opinións e faga preguntas aos participantes.
  8. Pechar a mesa cun resumo das ideas principais e a enumeración de conclusións por parte do moderador.[4][5]

Notas editar

  1. Definición (en castelán) Consultada o 13/3/2012.
  2. Universia. Mesa redonda Arquivado 26 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 13/3/2012.
  3. Gerza. Mesa redonda (en castelán) Consultada o 13/3/2012.
  4. "Universia. Mesa redonda". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  5. Gerza. Mesa redonda

Véxaser tamén editar

Outros artigos editar