Mesa de mesturas de vídeo

A mesa de mesturas de vídeo ou, simplemente, mesa de vídeo, é un sistema que permite seleccionar, mesturar e manipular diferentes fontes de vídeo. É similar á mesa de mesturas de son.

Mesa de mesturas de vídeo dixital Sony DVS-9000.

A mesa de mesturas de vídeo representa o corazón das canles de televisión, os estudos de produción e posprodución de televisión, ben sexan como elementos físicos ou simulados dentro dun sistema de edición de vídeo, tanto realizado ex profeso para iso, ou como aplicación informática.

Na bibliografía estadounidense utilízase o concepto de conmutación en vez do de mestura, que é máis "europeo"; por iso adoitan aparecer coa denominación inglesa de video switcher, en lugar da máis europea, tamén en inglés, de video mixer.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar