Unha mesa de debuxo ou un taboleiro de debuxo é unha prancha de madeira ou contraplacado (tamén pode ser metálica ou de plástico) de diferentes dimensións, estritamente rectangular, onde se pode fixar unha folla de papel para facer un debuxo técnico ou artístico.

Mesa de debuxo moderna con tecnígrafo.

Debuxo técnico editar

 
Mesa de debuxo de finais do século XIX.

No marco do debuxo de planos ou de arquitectura, agora substituído polo CAD ou DAO e outras aplicacións informáticas, á mesa de debuxo podía aplicarse nos bordos un T, mediante o que se podían debuxar liñas rectas paralelas ou perpendiculares.

Comercialízanse taboeiros de debuxo de plástico, que incorporan un sistema para a fixación do papel e unhas regras para trazar liñas rectas paralelas ou perpendiculares, dedicadas a alumnos de escolas técnicas ou de afeccionados.

O nivel máis alto da mesa de debuxo é a "mesa profesional", coa a altura e a inclinación axustábeis facilmente cun contrapeso e un pedal, e que pode ser equipada cun paralex, unha ferramenta para debuxar, utilizada por deseñadores e arquitectos antes da chegada dos ordenadores.

Noutros dispositivos en lugar da regra paralela hai un soporte cun dispositivo chamado tecnígrafo que ten dúas regras en ángulo recto (montadas nunha rótula axustábel) que poden moverse por toda a mesa mantendo sempre a mesma inclinación.

Debuxo artístico editar

No debuxo artístico, a mesa de debuxo serve como soporte para:

  • Técnicas secas simples (lapis, carbón, pastel etc.). Nestes casos o papel pode ser retido por parafusos ou clips de debuxo, e a placa se coloca sobre unha táboa, sobre os xeollos do artista, ou nun cabalete.
  • Técnicas húmidas (acuarela, guache etc.). Nestes casos o papel ten que estar tenso, completamente fixado na súa periferia, con cinta de papel adhesivo ou grampas, para que ao secar tenda a quedar perfectamente plano, a pesar da acción da acuarela ou das tintas que o mollaron.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar