Mesa (xeomorfoloxía)

Unha mesa ou montaña tabular é unha zona elevada de terreo con cumio plano e cuxos lados adoitan seren acantilados abruptos. O seu nome deriva da súa forma distintiva, semellante ao taboleiro superior dunha mesa.

Mesas nas Glass Mountains ao oeste de Oklahoma.
O cerro de Tucumcari é unha mesa fóra de Tucumcari, Novo México.

Trátase dun accidente xeográfico característico de ambientes áridos, particularmente do suroeste dos Estados Unidos en norte de México, sendo numerosas nas bad lands (terras baldías, terras ermas) e nas rexións de Colorado.

Tamén se encotran moitos exemplos na España seca, Sardeña, norte e sur de África, Arabia, India e Australia.

Considérase que a Grand Mesa, situada no oeste de Colorado, é a maior mesa do mundo.

O termo mesa, en orixinal en español, utilízase nos Estados Unidos para describir unha cima plana dunha montaña ou outeiro. En castelán ás veces este accidente xeomorfolóxico englóbase no máis xenérico de meseta, pero en galego cómpre distinguirmos entre ambos os termos, xa que meseta, aínda que derivado (e diminutivo) de mesa, adoita reservarse para amplas zonas xeográficas elevadas, e que non presentan claros bordos acantilados.[1][2]

Formación editar

 
La Moleta (Alfara, Tarragona). Nalgunhas rexións de España as mesas reciben o nome de "moas" ("muelas" ou "molas"), xa que a súa forma recorda ese tipo de dente.
 
Cerro Negro, unha das poucas mesas cerca de Zapala, Arxentina.
 
Gamsberg, Namibia.
 
Lilienstein, Suíza Saxoa, Alemaña.
 
Szczeliniec Wielki, Polonia.
 
Thule Air Base (á dereita), Groenlandia.

As mesas fórmanse pola meteorización e erosión de rochas estratificadas horizontalmente, levantadas pola actividade tectónica.

As variacións na capacidade dos diferentes tipos de rochas para resistiren a intemperie e a erosión é o que causa que os tipos de rochas máis débiles sexan erosionados, deixando as rochas máis resistentes topograficamente máis altas en relación ao seu contorno.[3] Este proceso chámase erosión diferencial.

Os tipos de rochas máis resistentes son os arenitos, os conglomerados, a cuarcita, o basalto, o cuarzo, a pedra calcaria, as lavas e mantos.[3] Os fluxos de lava e os mantos, en particular, son moi resistentes ao desgaste e a erosión, e con frecuencia forman a parte superior plana dunha mesa. As capas de rocha menos resistentes compóñense principalmente de xistos, rochas máis suaves que o mal tempo erosiona con maior facilidade.[3]

As diferenzas de resistencia dos distintos niveis de rocha é o que dá ás mesas a súa forma característica. As rochas menos resistentes son erosionadas en superficie formando vales, que despois recollen a drenaxe da auga dos arredores, mentres que as capas máis resistentes quedan en pé fóra.[3] Unha gran superficie de rocha moi resistente, como unha manto, pode proteger as capas inferiores da erosión, mentres que a rocha circundante máis suave é erosionada en vales, formando así unha tapa rochosa (en inglés, caprock).[4]

As diferenzas nos tipos de rocha tamén se reflicten nos lados das mesas, que en lugar de suaves pendentes poden dar lugar a un patrón en escaleira chamado "topografía de acantilado e banco" (en inglés, cliff-and-bench topography).[3]

As capas máis resistentes forman os acantilados, ou chanzos, mentres que as capas menos resistentes forman suaves pendentes, ou bancos, entre os acantilados. Os acantilados retíranse e finalmente sepáranse da rocha principal, ou meseta, por erosións basais destrutivas. Cando o bordo do acantilado non retrocede de maneira uniforme, senón que se sangra por efecto da erosión remontante dos arroios, unha sección da rocha principal pode ser cortada, formando unha mesa.[3]

A zapa basal ocorre cando a auga que flúe ao redor das capas de rocha da mesa erosiona as suaves capas de lousa da base, xa sexa como escorregamento da cima da mesa ou das augas subterráneas en movemento a través das capas permeábeis cubertas, o que leva á deformación e pregamento das lousas.[5] Cando o xisto subxacente se erosiona, xa non pode sustentar as capas do acantilado superior, que colapsa e se retira.

Cando a tapa rochosa cedeu até o punto en que só queda un pouco, coñécese en inglés como un butte.

Exemplos de mesas editar

Hai moitos exemplos de mesas ao longo do mundo, sendo algunhas das máis coñecidas as que seguen:

  • En África:
  • En Europa:
  • En América:

Mesas en Marte editar

Hai unha zona de transición en Marte que se encontra entre as terras elevadas con moitos cráteres e as terras baixas con moitos menos cráteres. As terras baixas máis recentes mostran paredes en chanzos, mesas e knobs. As mesas e knobs están separados por terras baixas planas.

Crese que se formaron a partir de procesos de remoción de masas facilitados polo xeo, desde o solo ou fontes atmosféricas. As mesas e knobs diminúen en tamaño ao aumentar a distancia á escarpa elevada.

O relevo das cordilleiras das mesas marcianas vai desde case os 2 km aos 100 m, dependendo da distancia a que estean da escarpa.[6]

Notas editar

  1. meseta s.f. Xeogr. Planicie situada a bastante altura sobre o nivel do mar. O centro da Península Ibérica está constituído por unha gran meseta. CF. altiplano.. Definición do dicionario da RAG.
  2. mesa s f XEOG Recheo estrutural formado por un estrato horizontal illado, de superficie plana e beiras abruptas, moi resistente á erosión. Definición de mesa, 8ª acepción, na Enciclopedia Galega Universal (Ed. Ir Indo).Arquivado 13 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Easterbrook, Don J. (1999). Surface Processes and Landforms. Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall. 
  4. Derruau, M (1974): Précis de géomorphologie. París: Masson.
  5. Choreley, Richard J.; Stanley A. Schumm, David E. Sugden (1985). Geomorphology. New York: Methuen. 
  6. Baker, David M. Morphological Analyses of Mesas and Knobs in the Northwest Fretted Terrain of Mars; Constraints on the Presence and Distribution of Ice-Facilitated Mass-Wasting. Ed. Alexander K. Stewart and James W. Head. Vol. 40. número 2. páx. 72. Estados Unidos: Geological Society of America (GSA): Boulder, CO, Estados Unidos, 2008.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar