Merritt Ruhlen

lingüista estadounidense

Merritt Ruhlen, nado o 10 de maio de 1944 en Washington, D.C., é un lingüista norteamericano. O seu labor máis saliente está dedicado á clasificación das linguas do mundo e á evolución da Humanidade desde a perspectiva da actividade lingüística.

Merritt Ruhlen
Nacemento10 de maio de 1944
Lugar de nacementoWashington, D.C.
Falecemento29 de xaneiro de 2021
Lugar de falecementoPalo Alto
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de París, Universidade Stanford, Universidade Rice, Universidade de Illinois en Urbana-Champaign e Universidade de Bucarest
Ocupaciónantropólogo, lingüista e profesor universitario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ruhlen estudou nas universidades de París, Illinois e Bucarest. Graduouse en 1973 na Universidade Stanford cunha disertación sobre análise morfolóxica da lingua romanesa desde un punto de vista da gramática xenerativa. Posteriormente traballou varios anos en Stanford como profesor axudante do lingüista Joseph Greenberg, co cal traballaría conxuntamente durante 35 anos, até o pasamento de Greenberg no ano 2001. Desde 1994 é profesor de Antropoloxía e Bioloxía Humana na mesma universidade. Xunto con Murray Gell-Mann e Sergej Starostin foi director do Programa de Santa Fé "Evolución da Lingua Humana". É profesor convidado da Universidade de Hong-Kong.

Labor investigador editar

Merritt Ruhlen foi un precursor do uso de métodos interdisciplinares para o coñecemento da Lingüística histórica, combinando a xenética humana e a arqueoloxía, o que o levou a colaborar intensamente co xenetista Luigi Luca Cavalli-Sforza e o arqueólogo Colin Renfrew. Foi tamén un dos máis coñecidos sostedores da hipótese da superfamilia lingüística do amerindio, como discípulo principal do lingüista taxonomista Joseph Greenberg.

No Nepal participou na investigación do kusunda, unha lingua illada, así como tamén na da lingua nahali, coñecida como pertencente á familia de linguas indopacíficas. Investigou o parentesco dos idiomas ieniseianos coa familia de linguas na-dené de América do Norte, de grande transcendencia para a macrofamilia dené-caucásica.

Outro centro de interese de Ruhlen está constituído polos "étimos globais", que deben comprender todos os idiomas, consonte o significado último da hipótese lingüística monoxenista. Tal ambición traduciuse no escepticismo ou o total apartamento dos lingüistas. En resposta, Ruhlen e máis Bengtson redactaron o artigo Global Etymologies ("Etimoloxías globais", 1994) no que escribiron: "Nunha perspectiva longa esperamos ter a evidencia da orixe monoxenética das linguas existentes até chegar a un punto en que a cuestión non poderá ser doutro xeito, senón que todas as linguas do mundo están emparentadas, polo que se chama á toda a comunidade lingüística a recoñecer este obvio feito".

Publicacións principais editar

  • 1987 A Guide to the World's Languages. Edward Arnold, Londres – Melbourne – Auckland. Paperback Edition 1991.
  • 1994 On the Origin of Languages: Studies in Linguistic Taxonomy. Stanford University Press.
  • 1994 The Origin of Language. Tracing the Evolution of the Mother Tongue. John Wiley, Nova York.

Unha lista completa das publicacións de Ruhlen pode consultarse na páxina persoal do autor, indicada no apartado de ligazóns.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar