Meroles anchietae

Meroles anchietae

Cabeza de Meroles anchietae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Eremiadini
Xénero: Meroles
Especie: M. anchietae
Nome binomial
Meroles anchietae
(Bocage, 1867)
Sinonimia
Véxase o texto

Meroles anchietae é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos e tribo dos eremiadininos, unha das oito integradas na actualidade no xénero Meroles, propia de Namibia e Angola.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1867 polo zoólogo e político portugués José Vicente Barbosa du Bocage, baixo o nome de Pachyrhynchus anchietae, no seu traballo "Segunda lista dos reptis das possessões portuguezas d'Africa occidental que existem no Museu de Lisboa". Jornal de Sciencias Mathematicas, Physicas e Naturaes, Academia Real das Sciencias de Lisboa, I (3): 217–228, Est. III. Zoologia. Reptilia. África.[2][3]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Meroles.

O epíteto específico, anchieta, é unha homenaxe que Bocage lle fixo a José Alberto de Oliveira Anchieta (1832-1897), explorador en Angola e naturalista portugués.[4]

Sinónimos editar

Ademais do nome actualmente válido, a especie coñeceuse, entre outros, polos sinónimos:[1]

  • Pachyrhynchus anchietae Bocage, 1867 (protónimo)
  • Aporosaura anchietae Loveridge, 1936

Hábitat e distribución editar

Meroles anchietae é unha pequena lagarta,[5] adaptada a zonas de extrema aridez e que vive no deserto do Namib (Namibia) e o suroeste de Angola,[1] e que constitúe unha excepción entre os lacértidos, xa que come regularmente sementes, no canto de insectos e outros pequenos invertebrados.

O espécime tipo que examinou Bocage para a descrición da especie procedía da proximidades de Moçâmedes, cidade costeira do deserto situada no suroeste de Angola, preto do deserto do Namibe.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Meroles acnchietae (Bocage, 1867) en The Reptile Database (en inglés).
  2. José Vicente Barbosa du Bocage en Wikispecies.
  3. Bocage, J. V. du B. 1867, pp. 225-228.
  4. Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5.
  5. lagarta, 1ª acep. no Dicionario da RAG.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold, E. N. (1991): "Relationships of the South African lizards assigned to Aporosaura, Meroles and Pedioplanis (Reptilia: Lacertidae)". Journal of Natural History 25: 783–807.
  • Bocage, J. V. du B. (1867): "Descriptions of two new Saurians from Mossamedes (West Africa)". Ann. Mag. Nat. Hist. (3) 20: 225-228.

Outros artigos editar