Mercedes Suárez Pazos
profesora e investigadora galega
Mercedes Suárez Pazos, nada na Coruña o 28 de abril de 1950, é unha profesora e investigadora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1950 (74 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pedagoga |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, presidiu Nova Escola Galega. É Decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.
Obras editar
- Institución escolar e medio ambiente, 1982.
- Deseño curricular e investigación do medio, 1990
- A educación en España durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), debates, aspiracións e realidades, 2002.