Mercedes F1 W03
Mercedes
Información
País Alemaña Alemaña
Fabricante Mercedes
Deseñador
Produción
Predecesor Mercedes MGP W02
Sucesor
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto)
Chasis Moonocaso de niño de abella en fibra de carbono e material composto
Suspensión
Motor Mercedes-Benz
Potencia
Transmisión
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[1]
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Pilotos 7. Alemaña Michael Schumacher[2]
8. Alemaña Nico Rosberg[3]
Carreiras 20
Gañadas 1
Poles 1
Voltas rápidas 3
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0
* Mercedes GP Petronas F1 Team official website

O Mercedes F1 W03[4] é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por Mercedes AMG Petronas Formula One Team para o seu uso na tempada de Fórmula Un de 2012. O coche será pilotado polo sete veces Campión do Mundo de Pilotos Michael Schumacher e por Nico Rosberg. O coche foi presentado o 21 de febreiro, antes do segundo test das probas de inverno da tempada.[5] O equipo utilizou o predecesor do F1 W03, o Mercedes MGP W02, na primeira proba en Xerez da Fronteira. Correndo tres dos catro días a fin de avaliar as especificacións dos pneumáticos Pirelli para 2012.[5] O W03 completou unha sesión en Silverstone o 16 de febreiro[6] e realizouo un test privado no Circuíto de Cataluña en Barcelona o 19 de febreiro;[7] baixo as normas deportivas, o equipo tiña dereito a realizar unha proba privada, xa que asistira a só tres dos catro días de probas en Xerez.[8]

No Gran Premio da China de 2012, Nico Rosberg logrou a primeira pole position de Mercedes, e a primeira vitoria desde o Gran Premio de Italia 1955.

Deseño editar

 
A polémica á posterior do F1 W03

O W03 F1 debuto na primeira carreira da tempada en Melbourne co que se describiu como un "concepto de á radical".[9] As especulacións suxiren que o á utiliza o concepto F-duct (desenvolvido por McLaren en 2010) soprando aire a través da superficie do á para "detelo", cancelando así toda a carga aerodinámica e arrastre que corre sobre o á e permitindo que o coche logre unha velocidade máxima superior.[10] O sistema desenvolvido por Mercedes crea un efecto F-duct no alerón dianteiro cando a aleta do (DRS) do alerón traseiro está aberta. Abrindo a aleta aparecen dúas reixillas de ventilación, que canalizan o aire cara a atrás a través do auto e o alerón dianteiro, anulando a carga aerodinámica xerada polo alerón dianteiro, coa intención de aumentar a estabilidade en curvas de alta velocidade.

Controversia editar

O xoves antes do Gran Premio de Australia, o delegado técnico da FIA Charlie Whiting declarou que o sistema era legal.[9] Con todo, pouco antes da última sesión de adestramentos na tarde do sábado, os representantes de Red Bull Racing e Lotus F1 achegaronse aos comisarios da carreira e pediu que a FIA revisase o veredicto inicial, afirmando que o sistema de alerón dianteiro era unha violación dos artigos 3.15 e 3.18, que rexen o uso do DRS e dos dispositivos aerodinámisos accionados polo piloto.[11] O xoves antes do Gran Premio de Malaisia, a FIA rexeitou todas as demandas sobre a ilegalidade do sistema, e permitiu competir a Mercedes sen ter que modificar o coche.[12] Tres semanas máis tarde, en China, Lotus F1 presentou unha protesta formal contra o sistema, citando o artigo 3.15 das normas técnicas, que establece que "calquera dispositivo que inflúe na aerodinámica do coche debe permanecer inmóbil en relación á parte suspendida do vehículo"[13], como base para a súa impugnación.[14] Máis tarde os comisarios rexeitaron por unanimidade a protesta.[15] Afirmaron que "o único propósito da DRS como se indica no artigo 3.18.3, é mellorar os adiantamentos. O deseño do Mercedes é completamente coherente con este obxectivo"[16] e ademais aclararon que "a protesta é rexeitada co argumento de que a FIA confirmou a afirmación que tiña do equipo Mercedes, de conformidade co artigo 2.4 e / ou 2.5 do Regulamento Técnico de F1 , pediu aclaracións ao Departamento Técnico da FIA referente a esta materia e a FIA confirmou que o deseño de Mercedes fora considerado permisible ", antes do inicio da tempada. Lotus confirmou que non van recorrer a decisión.[17]

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos.
2012 Mercedes AMG Petronas Mercedes FO 108Z P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 142
Michael Schumacher Ret 10 Ret 10 Ret Ret Ret 3 7 7 Ret 7 6 Ret 11 13 22† 11 16 7
Nico Rosberg 12 13 1 5 7 2 6 6 15 10 10 11 7 5 Ret Ret 11 Ret 13 15

* Tempada en curso.

Notas editar

  1. Noble, Jonathan (25 January 2012). "Pirelli tweaks tyre markings for 2012 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 January 2012. 
  2. "Schumacher could stay in F1 after 2012". Espnf1.com (ESPN). 27 January 2010. Consultado o 25 July 2010. 
  3. "Rosberg extends Mercedes contract". EspnF1.con (ESPN). 10 November 2011. Consultado o 10 November 2011. 
  4. "Mercedes delay track debut of 2012 F1 car". The Sydney Morning Herald. 6 December 2011. Consultado o 6 December 2011. 
  5. 5,0 5,1 Freeman, Glenn (27 January 2012). "Mercedes GP adamant test delay will help team with new F1 car". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 5 February 2012. 
  6. Collantine, Keith (16 February 2012). "Mercedes W03 spotted testing at Silverstone". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 16 February 2012. 
  7. "@MercedesAMGF1: 19 February". Twitter. Twitter Inc. 19 February 2012. Consultado o 20 February 2012. 
  8. Cooper, Adam (19 February 2012). "Mercedes conducts full test at Barcelona with W03". Adam Cooper's F1 Blog (Wordpress). Consultado o 20 February 2012. 
  9. Scarborough, Craig (14 March 2012). "Mercedes: F-Duct Front Wing operated by the Rear Wing DRS". Scarbsf1 - everything technical in F1 (Craig Scarborough). Consultado o 15 March 2012. 
  10. Noble, Jonathan (17 March 2012). "FIA asked to re-think its view on the Mercedes DRS-activated F-duct". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 March 2012. 
  11. Noble, Jonathan (22 March 2012). "FIA rejects claims that Mercedes's rear wing is illegal". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 March 2012. 
  12. Benson, Andrew (21 January 2012). "FIA ban new technical innovation developed by Lotus and Ferrari". BBC F1 (BBC). Consultado o 3 April 2012. 
  13. "Lotus files protest against Mercedes's rear wing". Autosport (Haymarket Publications). 12 April 2012. Consultado o 12 April 2012. 
  14. Elizalde, Pablo (12 April 2012). "Lotus protest against Mercedes wing rejected by FIA". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 12 April 2012. 
  15. Benson, Andrew "Lotus's protest against Mercedes controversial DRS system rejected" BBC News. 13 April 2012. Retrieved 2012-04-16
  16. Noble, Jonathan "Lotus will not appeal stewards' decision on Mercedes rear wing" Autosport. 12 April 2012. Retrieved 2012-04-16

Ligazóns externas editar