Narmer

(Redirección desde «Menes»)

Narmer ou Menes foi o primeiro faraón do Antigo Exipto e fundador da Dinastía I c. 3050 a. C.

Narmer
Faraón
Primeiro plano do faraón Narmer, dun facsímile a tamaño completo da orixinal paleta de Narmer no Cairo, esta versión está na á do antigo Exipto do Museo Real de Ontario.

Reinadoc. -3150 a -3125
Nacementoc. -3185
Falecementoc. -3125
SepulturaTumba B17-18, da necrópole de Umm el-Qaab, Abidos, Exipto
PredecesorPosiblemente Horus Ka ou Horus Escorpión II
SucesorAha
ConsortePosiblemente Neithotep
DescendenciaPosiblemente Aha
Posiblemente Neithotep

Na rede
Find a Grave: 34504556 Editar o valor em Wikidata
Paleta de Narmer, reprodución do Museo Real de Ontario

Denominado Meni na Lista Real de Abidos e o Canon de Turín, Men ou Min por Herodoto e Menes de Tis por Manetón nos seus epítomes, escritos por Xulio Africano, Eusebio de Cesarea e o monxe Sincelo.

Menes reinou 62 anos segundo Xulio Africano, ou 60 anos segundo Herodoto e Sincelo. Aínda que a versión armenia de Eusebio de Cesarea asígnalle 30 anos.

Menes era rei do Alto Exipto, posible sucesor de Hr skr, Horus Escorpión. Conquistou o Baixo Exipto (delta do Nilo) e instaurou a súa capital en Ineb Hedy "Muralla branca", a futura Menfis. Avanzou co seu exército máis aló das fronteiras do seu reino (Eusebio de Cesarea). Pereceu arroiado por un hipopótamo (Xulio Africano).

O triunfo da primeira unificación do Antigo Exipto quedou rexistrado alegoricamente na denominada Paleta de Narmer (Gardiner).

Biografía editar

Narmer era orixinario de Tinis, a capital do Alto Exipto, e estaba casado con Neithotep, orixinaria de Naqada, o que parece indicar que este matrimonio selou a alianza entre ambas as cidades.

Foi o primeiro gran faraón e unificou os territorios exipcios, baixo o seu mando, segundo reflicten os relevos da súa Paleta e recoñeceron os seus sucesores. A fundación de Menfis, por centos de quilómetros ao norte de Tinis, foi unha demostración de poder sobre o Baixo Exipto, ao que, segundo se desprénde da Paleta, vía como pobo conquistado. Menfis tiña unha situación ideal para controlar todo o delta así como as importantes rutas comerciais ao Sinaí e Canaán.

Ao escritor grego Herodoto —a quen se considera fundador da historia como disciplina científica—, os sacerdotes exipcios contáronlle que para construír a cidade, Menes ordenou desviar a canle do río Nilo, e levantar un dique de contención:

Os sacerdotes explican de Menes, o primeiro rei dos exipcios, que protexera a Menfis mediante un dique. Por aquel entón, o río discorría ao longo de grandes dunas cara a Libia. Menes logrou a desviación do caudaloso río cara á o sur, a uns 100 estadios augas arriba de Menfis, grazas aos diques; sacou ao río da vella canle e conseguiu que a corrente fluíse por unha canle, entre as dunas. Aínda hoxe os persas observan receosos esta desviación e nova canle do río, e vixíana durante todo o ano. Saben que se o río conseguise romper o dique, Menfis correría un gran perigo de asolagarse. Cando Menes, o primeiro rei, houbo desecado a vella canle, fundou inmediatamente nesa chaira esta cidade, que hoxe se chama Menfis. A cidade atópase na parte estreita de Exipto. Ao redor da cidade, precisamente ao norte e oeste, xa que ao leste corre o Nilo, o primeiro faraón fixo cavar un lago para que se alimentase do río.
Herodoto
 
Maza cerimonial de Narmer

O nome de Narmer aparece en fragmentos de cerámica na rexión do delta, e ata en Palestina, sendo proba evidente do comercio entre estas zonas. A riqueza agrícola do Delta, en minerais do Alto Exipto e a confluencia de diversas rutas comerciais axudaron a levantar un grande imperio.

A tradición de dividir a historia exipcia en trinta dinastías iníciase con Manetón, historiador exipcio do século III a. C., que durante o reinado de Tolomeo II compuxo en grego a Aegyptiaka, obra desgraciadamente perdida pero transmitida e comentada parcialmente por Flavio Josefo, Xulio Africano, Eusebio de Cesarea e o monxe Sincelo.

 
Estatua do mandril, co nome de Narmer inscrito na base. Altes Museum, Berlin

Construcións da súa época editar

Ademais de ordenar construír un dique, para desecar as zonas pantanosas de Menfis e desviar a canle de Nilo cara a un lago, e da construción da cidade, erixiu un grandioso templo a Vulcano "Ptah" (Herodoto).

Atribúese a Narmer a tumba B17-18, na necrópole de Umm o-Qaab, en Abidos, escavada por Flinders Petrie, situada á beira da tumba de Aha. Tamén é posible que fose enterrado en Saqqara, ou na necrópole de Tarjan, aínda que podería tratarse de cenotafios (tumbas simbólicas).

Datos arqueolóxicos editar

Atopouse o nome de Narmer inscrito en xeroglíficos en:

Tamén o seu nome se atopou en moitos lugares do Alto e Baixo Exipto:

no val de Nilo, no Delta, nos desertos occidentais e orientais,
e no sur de Palestina (Rafiah, En Besor, Arade, Tell Erani).

Sucesores de Narmer editar

Varios eruditos consideraban que Narmer era o último rei do Período Protodinástico de Exipto, diferente do faraón Menes, e outros o asociaban con Aha, pero despois do descubrimento de Dreyer (1985-95) de varias marcas de selos atopadas nas tumbas de Dean e Qaa en Umm o-Qaab, Abidos, pódese determinar con seguridade que é exacta a sucesión dinástica: Narmer, Aha, Dyer, Dyet, Merneith, Dean, Adjib, Semerhet, Qaa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Antigo Exipto

Segue a:
Horus Escorpión
Narmer
Precede a:
Aha
I Dinastía