Menduiña

cervexa artesá galega

Para o lugar do concello de Cangas, véxase Menduíña

Menduiña é unha marca de cervexa artesá elaborada pola empresa galega, con sede en Cangas, Adegas Menduiña, S.L.

Características

editar

Trátase dunha cervexa natural, sen pasteurizar, sen aditivos, conservantes, extractos ou engadidos.

Tipos de cervexa

editar

Existen seis variedades de cervexa comercializadas baixo a denominación Menduiña, catro anuais e dúas de tempada:

Anuais
  • Loira: É unha cervexa de baixa fermentación estilo Lager (baixa fermentación) elaborada con malte Pilsner Premium. Ten unha gradación alcohólica de 6,1 graos.
  • Barda: É unha cervexa de alta fermentación estilo Pale Ale Xenuina (alta fermentación) elaborada con malte inglés. Ten unha gradación alcohólica de 5,0 graos.
  • Duir: Trátase dunha cervexa torrada de alta fermentación estilo Extra Special Bitter. Robusta, carácter maltoso, cun toque amargo. Ten unha gradación alcohólica de 5,9 graos.
  • Corma: É unha cervexa de alta fermentación estilo Stout elaborada con maltes premium ingleses. Ten unha gradación alcohólica de 4,7 graos.
De tempada
  • Beltán: Trátase dunha cervexa ámbar de alta fermentación estilo Summer Ale elaborada con trigo e loureiro Feita con trigo e loureiro. Refrescante, con notas cítricas. Ten unha gradación alcohólica de 4,3 graos. Comercialízase en verán.
  • Demo Neghro: É unha cervexa negra de alta fermentación estilo Imperial Stout elaborada con sete tipos de maltes, tres lúpulos diferentes e mel galego. Ten toques afumados e de licor doce. A súa gradación alcohólica é de 7,2 graos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar