Melekeok é unha localidade e un dos dezaseis estados das illas Palau. Desde o 7 de outubro de 2006, a localidade de Melekeok converteuse na sede do goberno das Palau, substituíndo a Koror como capital da nación.

Modelo:Xeografía políticaMelekeok

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 7°29′36″N 134°38′03″L / 7.4933, 134.6342Coordenadas: 7°29′36″N 134°38′03″L / 7.4933, 134.6342
EstadoPalau
Lista (pt) TraducirMelekeok (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación299 (2012) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude61 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Situación editar

Melekeok está situada na costa oriental da maior das illas do arquipélago das Palau: Babeldaob. As súas coordenadas xeográficas son: 7º 30' N e 134º 37' L.

Demografía editar

Segundo o censo de 2000, no estado de Melekeok viven 239 persoas, que se distribúen entre sete aldeas, entre as que está incluída Melekeok, a capital, e que son:

  1. Melekeok
  2. Ertong
  3. Ngeburch
  4. Ngeremecheluch
  5. Ngermelech
  6. Ngerubesang
  7. Ngeruling

Melekeok ocupa unha área de 11 km², e está situada entre Ngchesar ao sur r Ngiwal ao norte.

O lago Ngardok de Melekeok é o maior depósito de auga de toda a Micronesia e esténdese por unha superficie de 4.93 km²; posúe unha pequena poboación de crocodilos de mar (Crocodylus porosus).

Galería de fotos editar

Ligazóns externas editar