Melech Mechaya é un quinteto portugués de música klezmer, con inspiracións nas músicas romaní, árabe e dos Balcáns.

Melech Mechaya
OrixeLisboa/Almada, Portugal
Período2007 - actualidade
Xénero(s)World music, Étnica
MembrosJoão Graça
Miguel Veríssimo
André Santos
João Sovina
Francisco Caiado
Na rede
Facebook: melechmechaya Musicbrainz: 3ee0163b-ceaa-4ca0-88d9-563ab73d79d1 Discogs: 3773235 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estrea editar

Con estrea en escenarios na noite do 10 de marzo de 2007, os Melech Mechaya son unha banda portuguesa de música klezmer, sendo xeralmente referenciados como sendo a primeira banda deste xénero en Portugal. Notabilizándose polos seus concertos festivos e interactivos, a banda toca de norte a sur do país pronto o ano de estrea, actuando en eventos como a Festa do Avante! [1] no Seixal e no Festival de Músicas do Mundo Etnias [2] no Porto, e asina contrato de axenciamento e management coa Smog [3].

Primeiro álbum editar

En 2008 os Melech Mechaya van para o estudio gravar o seu primeiro rexistro fonográfico, o EP homónimo lanzado o día 5 de xuño [4] no Cabaret Maxime en Lisboa, e a súa digressão de máis de 30 concertos pasa polo Festival de Músicas do Mundo "Ritmus" [5] en Ponta Delgada e por 3 festivais en España - Allariz, Santiago de Compostela e no Festival de Músicas do Mundo de Vilagarcia de Arousa [6].

Budja Ba editar

En 2009 volven a estudio para gravar o seu primeiro longa-duración, "Budja Ba", e asinan contrato de edición discográfica coa Ovação. O disco é lanzado o día 13 de xuño [7] no Teatro A Comuna e a banda recibe algunha atención dos medios, con diversos artigos e en entrevistas en radios, prensa e televisión. A digresion leva as festas mechaya a importantes escenarios como o Festival de Músicas do Mundo de Sines [8], e o festival Špancirfest na Croacia [9].

As festas de Melech Mechaya nestes 3 anos, cerca de 100 en total en Portugal, España e Croacia, tiveron aínda lugar nos máis diversos teatros e auditorios (Guimarães, Gouveia, Garda, Vila Real, Alcochete, Portalegre, Almada, Palmela, Estarreja, Rio Maior, Aveiro, São João da Madeira, Sines, Aula Magna en Lisboa etc.), prazas ao ar libre e festas populares (Tavira, Moita, Alhos Vedros, Lavradio, Almada, Leiria, Ponta Delgada, Nelas, Carrazeda de Ansiães, Torres Novas, Foz Côa, Arruda dos Vinhos, Caldas da Rainha, Lourinhã, Almeida etc.) e varios festivais (Andanças, Traçadinho, Granitos Folk, Festa do Cinema Francês, Festival Todos, Feira do Artesanato, Chaira Mediterrânica, Feira da Luz etc.).

Formación editar

Discografía editar

Álbums de Estudio editar

  • Melech Mechaya (2008) (CD, edición de autor)
  • Budja Ba (2009) (CD, Ovação)

Compilacións editar

  • Festival de Músicas do Mundo de Sines (2009) co tema "Danza Do Desprazer"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar