Os Melanotaénidos (Melanotaeniidae) son unha familia de peixes de auga doce e estuarios de río, pertencente á orde dos Ateriniformes (Atheriniformes). Son peixes distribuídos por ríos tropicais do sueste de Asia e Oceanía, hoxe moi apreciados como peixes de acuario polas súas cores chamativas.

Melanotaenia boesemani

Características editar

Teñen un corpo comprimido lateralmente e de lonxitude máxima de 12 cm. Dúas aletas dorsais separadas por un pequeno espazo, a primeira con 3 a 7 espiñas e a segunda con 6 a 22 radios brandos (nalgunhas especies, o primeiro é unha espiña robusta). A liña lateral adoita estar ausente ou ben pouco definida. As escamas, relativamente grandes.

Presentan coloracións vistosas, estando os machos normalmente moito máis coloreados cás femias.

Clasificación editar

Divídense en sete xéneros [1] con 75 especies válidas:

  • Xénero Cairnsichthys (Allen, 1980)
  • Xénero Chilatherina (Regan, 1914)
  • Xénero Glossolepis (Weber, 1907)
  • Xénero Iriatherina (Meinken, 1974)
  • Xénero Melanotaenia (Gill, 1862) (o xénero máis amplo, con 53 especies)
  • Xénero Pelangia (Allen, 1998)
  • Xénero Rhadinocentrus (Regan, 1914)

Notas editar

  1. Para ITIS son 18 xéneros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar