Megan Elizabeth "Meg" Prescott (nada o 4 de xuño de 1991 en Londres, Inglaterra) é unha actriz británica, coñecida polo seu papel de Katie Fitch en Skins, un drama adolescente gañador de dous premios BAFTA.

Infotaula de personaMegan Prescott
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Palmers Green, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónPalmers Green High School (en) Traducir
Academia Ashmole Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión , actriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3077073 Allocine: 247283
Twitter: Meg_Prescott Editar o valor em Wikidata

Vida Persoal editar

Prescott naceu en Palmers Green, Londres, seis segundos despois que a súa irmá xemelga Kathryn Prescott, quen tamén é actriz. Recibiu a educación primaria en Palmers Green High School, parte de secundaria na Escola Superior de San Xoán, e finalmente o último ano en Form College. Antes de ser actrices profesionais, Prescott e súa irmá asistiron a clases semanais de teatro, nas cales coñeceron á futura co-estrela de Megan, Lily Loveless.

Megan afirmou a través da súa páxina de Myspace que toca a batería; ten unha gran variedade de gustos musicais, que inclúen a Cyndi Lauper, Kim Carnes ou Weezer.

Está representada por Matt Wynter, de Insanity Xestión de Artistas en Reino Unido.

Carreira editar

Aínda que Prescott fixo o seu debut como actriz nun episodio de Doctors, unha telenovela da BBC xunto a súa irmá Kathryn en 2008, non foi ata o ano seguinte, cando apareceu como Katie Fitch na terceira temporada de Skins, o cal representou para ela un gran avance na interpretación. Ela e súa irmá, quen interpretan a Katie e Emily Fitch, xemelgas idénticas na serie, comezaron o rodaxe da terceira temporada de Skins en xullo de 2008 e tamén representaron aos seus personaxes na temporada seguinte (o formato do programa está limitado a só dúas tempadas por "xeración" de novos personaxes).

Tras rematar coa serie Skins, Prescott expresou a súa preocupación polo seu futuro na actuación, a pesar do que expresou o seu interese en protagonizar Desperate Housewives, serie da cal é seguidora.