Medicines and Healthcare products Regulatory Agency

axencia de regulación médica do Reino Unido

A Medicines and Healthcare products Regulatory Agency (MHRA, traducible como "Axencia Reguladora de Medicamentos e Produtos Sanitarios") é unha axencia executiva do Department of Health and Social Care (Departamento de Saúde e Asistencia Social) do Reino Unido que se encarga de garantir que medicamentos e dispositivos médicos funcionan e son aceptábeis.

Medicines and Healthcare products Regulatory Agency
Tipoaxencia reguladora
Data de fundación2003
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
https://gov.uk/mhra
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A MHRA formouse en 2003 pola fusión da Medicines Control Agency (MCA) e a Medical Devices Agency (MDA). En abril de 2013, fusionouse co National Institute for Biological Standards and Control (Instituto Nacional de Estándares e Control Biolóxicos, NIBSC) e cambiou a súa denominación, coa identidade MHRA utilizada unicamente para o centro regulador do grupo. A axencia emprega máis de 1200 persoas en Londres, York e South Mimms, Hertfordshire.[1]

Notas editar

  1. "About us". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2023-08-29. 

Véxase tamén editar