Mecánica de fluídos

A mecánica de fluídos é a rama da mecánica de medios continuos que estuda o movemento de fluídos (gases é líquidos), sen ter en conta as causas que o provocan (cinemática) ou téndoas en conta (dinámica). Tamén estuda as interaccións entre o fluído e o contorno que o limita. Para iso presuponse a similitude da estrutura dos fluídos á dun medio continuo a través do concepto de partícula fluída (hipótese de continuidade).

Hipótese de continuidade (A partícula fluída) editar

Considéranse tanto os gases como os líquidos xa non moléculas, senón masas fluídas. Deste xeito asegúrase que as propiedades varíen suavemente (sen descontinuidades).

O xeito de distinguir cando a hipótese de continuidade é válida consiste en comparar o camiño percorrido libre medio das moléculas coa lonxitude característica do sistema físico. Ó cociente entre estas lonxitudes denomínaselle número de Knudsen. Cando este número adimensional é moito menor á unidade, o material en cuestión pode considerarse un fluído (medio continuo). No caso contrario os efectos debidos á natureza molecular da materia non poden ser desprezados e debe utilizarse a mecánica estatística para predicir o comportamento da materia.

Outras aplicacións editar

Unha derivación alternativa dos principios da mecánica de fluídos mediante a mecánica estatística xustifica o uso de modelos de mecánica de fluídos e a súa terminoloxía na enxeñaría do tránsito.


 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.