Matthew Barney

artista estadounidense

Matthew Barney, nado en San Francisco (California) o 25 de marzo de 1967, é un videoartista estadounidense.

Infotaula de personaMatthew Barney

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónYale School of Art
Capital High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo New Haven
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , videoartista , artista de instalacións , produtor de televisión , artista de performance , artista de instalações de video (pt) Traducir , cineasta , debuxante arquitectónico , ilustrador , fotógrafo , director de cinema , guionista , pintor , produtor de cinema , montador , actor de cinema , artista visual Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoInstalación e Videoarte Editar o valor em Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteGladstone Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Yale Bulldogs football (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaBjörk (2000–2013) Editar o valor em Wikidata
FillosÍsadóra Bjarkardóttir Barney (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0056030 Allocine: 16032 Allmovie: p237238
Musicbrainz: 89dc35ee-095a-4be1-943c-6d44b8d57f16 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con 6 anos, logo da separación dos seus pais, foi vivir co seu pai a Boise (Idaho), mentres que anai foi vivir a Nova York, onde Barney a ía visitar e onde se interesou primeiramente pola arte e os museos. As belas artes e os deportes levárono a interesarse na escultura e a realización de vídeos.

Asistiu a Universidade Yale onde comezou os estudos de medicina, que abandonou para licenciarse en Belas Artes en 1991. Xa licenciado marchou a Nova York, onde reside actualmente coa súa muller Björk, coñecida cantante islandesa. Con ela colaborou no seu derradeiro proxecto multimedia. Dende o comezo do seu traballo, Barney fixo incursións en cine, vídeo, escultura, fotografía ou debuxo.

Actividade editar

Nas primeiras exposicións, Barney presentou instalacións escultóricas moi elaboradas que incluían vídeos del mesmo interactuando con varios obxectos e desempeñando proezas físicas como escalar edificios suspendido por cables de aceiro.

O seu traballo está influído pola arte barroca e as instalacións dos seus vídeos inclúen Imaxes que se contrapoñen en canto ó significado, con interiores con decoración moi cargada e con elementos como motocicletas e actuacións en vivo, sobrecollen ó espectador. Tamén amosa grande interese pola anatomía.

A partir de 1992, Barney empezou a introducir criaturas fantásticas no seu traballo.

En 1994 Barney empezou a traballar no seu ciclo épico Cremaster, un proxecto fílmico dividido en cinco partes sen unha orde cronolóxica especificada. Ó proxecto fílmico vai acompañado de esculturas, fotografías e debuxos interrelacionados.

O título do ciclo fai referencia ó cremáster, é dicir, o músculo que sostén ós testículos e fai que se movan cara a arriba ou abaixo dependendo dos cambios de temperatura, a estimulación externa ou o medo. Como produtor e creador do Cremaster, Barney tamén participou activamente na interpretación dos personaxes: un mago, Harry Houdini e un recoñecido asasino: Gary Gilmore, entre outros.

Para a interpretación dalgúns dos moitos personaxes conta con celebridades no mundo artístico coma John Cage o cal aparece cuberto de abellas mentres fala por teléfono, o afamado escultor Richard Serra, ou a actriz Ursula Andrews.

Nos 5 filmes que integran Cremaster, Barney mostra o enfrontamento do home coa súa sexualidade e para iso fai uso de metáforas e analoxías fantásticas.

O conxunto de filmes están integrados por unha amálgama de autobiografía, historia, mitoloxía. A orde de presentación dos filmes non é rigorosa, así pois, Cremaster 4 foi estreado no 1994, Cremaster 1 en 1995-96, Cremaster 5 no 1997, Cremaster 2 no 1999, e Cremaster 3 no 2002. Matthew Barney gañou co Cremaster o prestixioso premio Europa 2000 na 45° Bienal de Venecia de 1993.

O traballo de Matthew Barney xerou fortes controversias: por un lado, quen aclaman ó seu traballo baséanse na riqueza e complexidade das súas creacións para loalo. Quen o critican, argumentan que co ciclo Cremaster, o que procura é abraiar.

The Cremaster Cycle, foi unha exposición organizada polo Guggenheim Museum de Nova York, e foi premiada no Ludwig Museum, Colonia, Alemaña en xuño de 2002. En outubro do mesmo ano foi presentado no Musée d'Art Moderne de la Ville de Paris, e máis tarde presentouna en Nova York.

O 4 de outubro do mesmo ano, converteuse en pai cando a súa parella, a cantante islandesa Björk pariu unha nena chamada Ísadora.

Obras editar

Exposicións individuais editar

Exposicións colectivas editar

  • Video Library, Andrea Rosen Gallery, Nova York, 1990
  • Drawings, Althea Viafore Gallery, Nova York, 1990
  • Althea Viafora Gallery, Nova York, 1990
  • Viral Infection: The Body and its Discontent, Hallwells Contemporary Arts Center, Buffalo, EUA, 1990
  • ACT-UP Benefit Art Sale, Paula Cooper Gallery, Nova York, 1991
  • Regen Projects, Os Ánxeles, EUA, 1991
  • Barbara Galdstone Gallery, Nova York, 1991
  • Spielhölle, U-Bahn Station, Frankfurt am Main, Alemaña, 1992
  • Matthew Barney, Sam Reveles and Nancy Rubins, SteinGaldstone Gallery, Nova York, 1992
  • 'Post Human, Deichtorhallen, Hamburgo, Alemaña, 1992
  • Post Human, Dete Foundation, Atenas, Grecia, 1992
  • Post Human, Castello di Rivoli, Turín, Italia, 1992
  • Post Human, FAE Musée d'Art Contemporain, Pully/Lausana, Suíza, 1992
  • Périls et Colères, capc Musée Bordeaux, Bordeos, Francia, 1992
  • Documenta IX, Kassel, Alemaña, 1992
  • Works on Paper, Paula Cooper Gallery, Nova York, 1993
  • Action/Performance and the Photograph, Turner-Krull Galleries, Os Ánxeles, EUA, 1993
  • Don't Ask, Don't Tell, Don't Pursue, Fairfield University, Fairfield, EUA, 1993
  • Biennial Exhibition, Whitney Museum of American Art, Nova York, 1993
  • Aperto 93, 45th Venice Biennale, Venecia, Italia, 1993
  • Exhibition to Benefit the Mapplethorpe Laboratory for AIDS Research, Barbara Gladstone Gallery, Nova York, 1993
  • Barbara Gladstone Gallery, Nova York, 1993
  • Drawing on Sculpture, Cohen Gallery, Nova York, 1994
  • The Ossuary, Luhring Augustine, Nova York, 1994
  • Sammlung Volkmann, Berlín, Alemaña, 1994
  • Acting Out - The Body in Video: Then and Now, Royal College of Art, Londres, 1994
  • Of the Human Condition: Hope and Despair at the End of the Century, Spiral Gallery, Toquio, 1994
  • Hors Limites, Centre Georges Pompidou, París, 1994
  • Altered States. American Art in the 90s, Forum For Contemporary Art, St. Louis, EUA, 1995
  • The Masculine Masquerade, MIT List Visual Center, Cambridge, EUA, 1995
  • ARS 95, Museum of Contemporary Art, Helsinqui, Finlandia, 1995
  • Biennial Exhibition, Whitney Museum of American Art, Nova York, 1995
  • Ripple Across the Water 95, WATARI-UM Museum of Tokyo, 1995
  • DASAMERICAS II, Museu de Arte de Sao Paulo, Brasil, 1995
  • Drawing on Chance, Selections from the Collection, The Museum of Modern Art,[[[MOMA]] Nova York, 1995
  • Art at Home, Ideal Standard Life, The Spiral Garden, Toquio, 1996
  • Faustrecht der Freiheit, Neues Museum Weserberg, Bremen, Alemaña, 1996
  • Passions Privees, Musee d'Art Moderne, París, 1996
  • Picasso: a Contemporary Dialog, Galerie Thaddeaus Ropac, Salzburgo, Austria, 1996
  • Defining the Nineties: Consensus-making in New York, Miami and Los Angeles, Museum of Contemporary Art, Miami, EUA, 1996
  • Hybrids, DeAppel, Ámsterdan, Países Baixos, 1996
  • Foreign Body, Museum fur Gegenwartskunst, Basilea, Suíza, 1996
  • Matthew Barney, Tony Oursler and Jeff Wall, Sammlung Goetz, Múnic, Alemaña, 1996
  • Cremaster 1 screening, Tenth Biennale of Sydney, Australia, 1996
  • Hugo Boss Prize Exhibition, Guggenheim Museum - SoHo Branch, Nova York, 1996
  • Biennale de Lión, Francia, 1997
  • Loco-Motion, Cinema academia Dorsoduro, Venecia, Italia, 1997
  • Sous le manteau, Gallery Thaddaeus Ropac, París, 1997
  • Rrose is a Rrose is a Rrose, Gender Performance in Photography, Andy Warhol Museum, Pittsburgh, EUA, 1997
  • Rrose is a Rrose is a Rrose, Gender Performance in Photography, Solomon R Guggenheim Museum, Nova York, 1997
  • 'De-Genderism, Setagaya Art Museum, Toquio, 1997
  • Extensions - aspects of the figure, The Joseloff Gallery, Hartford Art School, EUA, 1998
  • Global Vision, New Art from the 90s - with new acquisition from the Dakis Joannou Collection, Deste Foundation, Atenas, Grecia, 1998
  • +Zone, Palazzo Re Rebaudengo, Guarene d'Alba, Italia, 1998
  • Emotion - Young British and American art from the Goetz collection, Deichtorhallen, Hamburgo, Alemaña, 1998
  • Die Rache der Veronika, Fotosammlung Lambert, Deichtorhallen, Hamburgo, Alemaña, 1998
  • Scratches on the surface of things, Museum Boymans van Beuningen, Rotterdam, Países Baixos, 1998
  • Wounds Between Democracy and redemption in Contemporary Art, Moderna Museet Stockholm, Suecia, 1998
  • The Promise of Photography: selected works from the DGBank Collection', PS1, Nova York, 1999
  • Regarding Beauty, Hirshhorn Museum and Sculpture Garden, Washington, D.C., EUA, 1999
  • Voilà - Le mode dans la tête, Musée d'Art Moderne de la Ville de Paris, París, 1999-2000
  • Seeing Time: From the Kramlich Collection, San Francisco Museum of Modern Art, San Francisco, EUA, 2000
  • Image Stream, Wexner Center for the Performing Arts, Columbus, EUA, 2003-2004

Presentacións en galerías editar

Premios editar

  • Europa 2000 Prize, Aperto 93, XLV Venice Biennale, Italia, 1993
  • Hugo Boss Award, Guggenheim Museum, Nova York, 1996

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Matthew Barney: Cremaster 2, Walker Art Center, Minneapolis, 1999
  • History of Modern Art, Fourth Edition, Harry N Abrams, Nova York, 1998
  • Matthew Barney: Cremaster 5, Portikus Frankfurt, Barbara Gladstone Gallery, Nova York; presentación de Matthew Barney: Pace Car For The Hubris Pill, exibición organizada por Matthew Barney e Karel Schampers, Museum Boymans van Beuningen, Rotterdam, 1995
  • Witte de With - Cahier #1, Witte de With, Rotterdam, Países Baixos, October 1993
  • Documenta IX, Edition Cantz, Stuttgart/Abrams, Nova York, 1992
  • Matthew Barney: New Work, San Francisco Museum of Modern Art, San Francisco, 1991

Ligazóns externas editar