Matt Carroll

baloncestista estadounidense

Matthew Carroll, nado o 28 de agosto de 1980 en Pittsburgh, Pensilvania, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto. Cunha altura de 1,98 metros xoga na posición de escolta.

Matt Carroll
Posición Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 28 de agosto de 1980 (43 anos)
Pittsburg, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 96 kg (212 lb)
Información da carreira
Instituto Hatsboro-Horsham, Pensilvania
Universidade Notre Dame (1999–2003)
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2003–2004)
San Antonio Spurs (2004)
Roanoke Dazzle (2004–2005) NBDL
Charlotte Bobcats (2005–2009)
Dallas Mavericks (2009–2010)
Charlotte Bobcats (2010–2012)
Premios e galardóns
MVP NBDL (2005)
Información en nba.com

Carreira editar

Instituto editar

Caroll xogou en Hatboro-Horsham High School en Horsham, Pensilvania, xunto ao seu irmán Pat e baixo a dirección do técnico Walt Ostrowski. Alí Carroll fixo unhas medias de 26,5 puntos, 7,3 rebotes e 4 asistencias por partido no seu ano sénior. Mesmo durante as súas tres primeiras tempadas achegou máis rebotes e asistencias, cando xogaba máis de base nos Hatters.

Unha vez finalizado a súa etapa no instituto, Carroll acabou segundo na clasificación histórica de anotadores no sueste de Pensilvania, só superado por Kobe Bryant. Con todo, Carroll superou a Bryant ao converterse no único xogador de Pensilvania en ser nomeado Mr. Basketball dúas veces. Xogou tamén co equipo júnior da USA Basketball.

Universidade editar

Matt foi recrutado polo técnico John MacLeod, pero só xogou como freshman con Matt Doherty como adestrador, o resto da súa carreira foi con Mike Brey. Carroll xogou catro tempadas na Universidade de Notre Dame, onde disputou 133 partidos con medias de 13,9 puntos, 4,3 rebotes e 2,4 asistencias. Acabou como sexto máximo anotador na historia da universidade con 1.850 puntos, como máximo triplista (301) e co maior número de partidos xogados (133). Debutou na tempada 1999-00, onde asinou 9,8 puntos, medrando cada tempada a súa produción, xa que como sophomore fixo 12,4 puntos, como júnior 14,8 e na súa última tempada 19,5. No seu ano sénior foi honorable mención All-American por Associated Press e foi incluído no Mellor Quinteto All-Big East.

NBA editar

Carroll non foi elixido no draft, mais xogou a liga de verán de 2003 con New York Knicks, aínda que ao final o descartaron. O 7 de novembro de 2003 Portland Trail Blazers fichouno, pero tan só xogou 13 partidos nos que tivo unha media de 1 punto por partido. Despois de ser cortado polos Blazers, Carroll asinou con Roanoke Dazzle da NBDL. Xogou 11 partidos cos Dazzle nos que fixo 15,5 puntos e 2,8 rebotes. O 8 de marzo de 2004 San Antonio Spurs fíxolle un contrato de 10 días.

Para a tempada 2004-05, Carroll volveu con Roanoke Dazzle para asinar unha gran tempada na que foi elixido como MVP da NBDL. Fixo 20,1 puntos, 2,8 rebotes e 1,6 asistencias de media. Carroll marcouse o récord de puntos nun partido aquel ano con 43 ante Florida Flame. Durante o verán de 2004, Carroll xogou na liga de verán de Golden State Warriors, pero non quedou no equipo. Con todo, tivo a oportunidade de asinar coa recentemente creada franquía de Charlotte Bobcats o 23 de febreiro de 2005. Disputou 25 partidos e fixo medias de 9 puntos e 2.4 rebotes, facéndolle 22 a Washington Wizards no que foi o seu mellor partido como novato.

Para a tempada 2005-06 renovou con Charlotte, disputou 78 partidos onde fixo 7,6 puntos e 2 rebotes. Como dato curioso apuntar que Matt asinou 4 xogadas de 3+1 durante a liga regular. O récord teno Mitch Richmond con 6. Na 2006-07 Charlotte exerceu a opción de renovación que tiña sobre Carroll, e o escolta callou a súa mellor tempada na NBA, con 12,1 puntos, 2,9 rebotes e 1,3 asistencias, cun 90,4 % en tiros libres e un 41,6 % en triplos. En xaneiro de 2008 foi traspasado a Dallas Mavericks xunto con Ryan Hollins a cambio do senegalés DeSagana Diop.[1] Finalmente o 13 de xullo de 2010 volveu aos Bobcats.

O 13 de novembro de 2012, Carroll foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio de Hakim Warrick.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar