Matriarcado é un termo que se aplica, ás veces laxamente, a sociedades nas que existe unha preponderancia da autoridade feminina en aspectos importantes da vida pública ou privada. En antropoloxía enténdese como tal o sistema onde as mulleres teñen o dominio sobre os homes e organizan co seu poder as esferas da vida social. A palabra matriarcado derive da palabra latina mater, «nai», así como da palabra grega archein, «gobernar».

O mito do matriarcado en Galiza editar

No encontro Mulleres e antropoloxía en Galicia no Consello da Cultura Galega en 2019 consideraron que houbo un imaxinario en Galicia de que houbera un matriarcado en Galiza que aínda estaba presente na opinión pública a esa altura.[1]

Notas editar

  1. Hermida, Xermán (2019-06-13). "Os estereotipos sobre a sociedade tradicional seguen a condicionar a visión sobre muller galega hoxe". culturagalega.org. Consultado o 2019-11-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Barfield, Thomas (2000) Diccionario de Antropología, Siglo XXI, México.