Matres e Matronas

As Matres (latín "nais"[1]) e Matronas (latín "matronas"[1]) eran deidades femininas veneradas no Noroeste de Europa dende o século I ó V. Son representadas en obxectos votivos e altares que amosan imaxes de deusas, en grupos de tres, que contan con inscricións (a metade delas con nomes celtas, e a outra metade con nomes xermanos). Foron veneradas nas rexións que foron ocupadas polo exército romano entre os século I e V, é dicir, Xermania, Galia oriental, e norte de Italia.[2]

Relevo en terracota dunhas Matres, de Bibracte, cidade dos Aedui, Galia.

A información sobre as prácticas relixiosas que rodean ás Matres limítase ás pedras nas cales foron atopadas as inscricións, das cales tense constancia dunhas 1.100.[2] As matres xermánicas teñen unha conexión cos mitos das dísir, valquirias e norns, das cales tense constancia en fontes literarias do século XIII.[1]

Matronae Aufaniae de Bonn

As matres tamén aparecen en relevos e inscricións votivas noutras áreas ocupadas polos romanos, como o sueste da Galia (Bibracte); en Galicia e Portugal, onde se coñecen unhas vinte inscricións, algunhas das cales teñen epítetos locais como Matribus Gallaicis "ás nais galegas";[3] e tamén na antiga cultura romano-celta de Pannonia, na inscrición Nutrices Augustae atopada en Ptuj, Baixa Estiria.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lindow (2001:224).
  2. 2,0 2,1 Simek (2007:204-205).
  3. CIL II 2776.
  4. K. Wigand, "Die Nutrices Augustae von Poeticio" Jahreshrift Österreiches Archäologisches Institut 18 (1915), pp 118-218, illus., noted by Susan Scheinberg, "The Bee Maidens of the Homeric Hymn to Hermes" Harvard Studies in Classical Philology 83 (1979), p 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Bibliografía adicional