Matilda (filme de 2022)

filme de 2022 dirixido por Matthew Warchus

Matilda (en inglés: Roald Dahl's Matilda the Musical, ou simplemente Matilda the Musical) é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Matthew Warchus a partir dun guión de Dennis Kelly. Baséase na obra musical homónima de Tim Minchin e Kelly, que á súa vez está baseada na novela de 1988, Matilda de Roald Dahl. É a segunda adaptación cinematográfica da novela, logo de Matilda (1996). Está protagonizado por Alisha Weir no papel principal, xunto a Lashana Lynch, Stephen Graham, Andrea Riseborough, Sindhu Vee e Emma Thompson. No filme, Matilda Wormwood (Weir), que é descoidada e maltratada polos seus pais (Graham e Riseborough), desenvolve habilidades psicocinéticas para tratar coa Miss Trunchbull (Thompson), a desapiadada e cruel directora da escola Crunchem Hall.

Matilda
Ficha técnica
Título orixinalRoald Dahl's Matilda the Musical
DirectorMatthew Warchus
Produtor
GuiónDennis Kelly
Baseado en
Intérpretes
MúsicaChristopher Nightingale
FotografíaTat Radcliffe
MontaxeMelanie Ann Oliver
Estudio
Distribuidora
EstreaLondres: 5 de outubro de 2022
25 de novembro de 2022
Duración118 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical
Recadación34,3 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt3447590 Allocine: 280880 Rottentomatoes: m/roald_dahls_matilda_the_musical Netlix: 80993016Editar o valor em Wikidata

Estreouse en Netflix o 25 de decembro de 2022, onde conta con opción de subtitulado en galego.[2]

Personaxes editar

  • Alisha Weir como Matilda Wormwood
  • Emma Thompson como Miss Agatha Trunchbull
  • Lashana Lynch como Miss Honey
    • Amber Adeyinka como Miss Honey de nena
  • Stephen Graham como Mr Wormwood
  • Andrea Riseborough como Mrs Wormwood
  • Sindhu Vee como Mrs Phelps
  • Carl Spencer como Magnus
  • Lauren Alexandra como a acróbata
  • Winter Jarrett-Glasspool como Amanda Thripp
  • Andrei Shen como Eric
  • Ashton Robertson como Nigel
  • Meesha Garbett como Hortensia
  • Charlie Hodson-Prior como Bruce Bogtrotter
  • Rei Yamauchi Fulker como Lavender
  • Katherine Kingsley como a irmá da acróbata
  • Matt Henry como o doutor

Notas editar

  1. "Roald Dahl's Matilda The Musical". BBFC. 7 de setembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2022. Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  2. Fansubgalego (ed.). "Matilda subtitulado en galego en Netflix". Consultado o 18 de xaneiro de 2023.