Matica Srpska (Матица cрпска) é a institución científico-cultural máis antiga de Serbia, fundada en 1826 en Budapest, en 1864 trasladouse a Novi Sad. Este centro foi un dos impulsores do Acordo de Novi Sad sobre a lingua serbiocroata de 1954 participando tamén no establecemento dunha ortografía única en 1960. Entre 1967 e 1976 compilou o Vocabulario da lingua literaria estándar serbia en seis volumes, e con Matica hrvatska comezou a creación dun dicionario común serbio-croata, que acabou rematando en solitario tras a institución croata.

Desde 1824 publica a revista Letopis Matice srpske, unha das máis antigas do mundo.