Mathieu Kérékou


Mathieu Kérékou, nado en Kouarfa o 2 de setembro de 1933[1] e finado en Cotonou o 14 de outubro de 2015[2], foi un militar e político beninés, que foi Presidente de Benín entre o 26 de outubro de 1972 e o 4 de abril de 1991 e de novo dende o 4 de abril de 1996 até o 2006.

Infotaula de personaMathieu Kérékou

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Kouarfa, Benín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 2015 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Cotonou, Benín Editar o valor em Wikidata
President of the Republic of Benin (en) Traducir
4 de abril de 1996 – 5 de abril de 2006
← Nicéphore Soglo (en) TraducirThomas Yayi Boni →
President of the Republic of Benin (en) Traducir
4 de abril de 1980 – 4 de abril de 1991 – Nicéphore Soglo (en) Traducir →
Presidente República Popular do Benim (pt) Traducir
30 de novembro de 1975 – 4 de abril de 1980
President of Dahomey (en) Traducir
26 de outubro de 1972 – 30 de novembro de 1975
← Justin Ahomadégbé-Tomêtin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBenín Editar o valor em Wikidata
RelixiónEvanxelización Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar , estadista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Revolucionário do Benim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de brigada (pt) Traducir
soldado Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarguerite Kérékou (en) Traducir
Béatrice Lakoussan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 153713918 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou en escolas militares de Malí e o Senegal. Serviu no exército de Benín trala súa independencia (1960). Foi axudante de campo (1963) do presidente Hubert Maga, presidente do Consello Revolucionario das Forzas Armadas, cando o seu curmán, Maurice Kouandété levou a cabo un golpe militar en 1968. Comandante da unidade militar de Ouidah e xefe de persoal do exército de Dahomey.

En abril de 1972, tomou o poder por medio dun golpe militar que rematou co triunvirato gobernante no período de Justin Ahomadégbé-Tomêtin. En 1974, adoptou o marxismo-leninismo e o país pasou a chamarse "República Popular de Benín", prohibiu os partidos políticos e declarouse ditador.

En 1980, foi elixido presidente pola Asemblea Nacional Revolucionaria, e retirouse do exército en 1987. Así como o resto da África militarizada, en 1990 iniciou unha transición cara á democracia que Kerekou permitiu. En 1991, neste proceso de apertura democrática, perdeu as eleccións abertas cun 32 %, fronte ó economista Nicéphore Soglo (68 %). Tralo abandono do poder, pediu desculpas por “tódolos lamentables e deplorables incidentes” que se produciron no seu goberno.

Nas eleccións de 1996, volveu presentarse á presidencia, derrotando a Soglo cun 52,5 % na segunda rolda electoral. Reelixido en 2001 en circunstancias controvertidas, acusado de fraude electoral non houbo participación dos outros dous candidatos (Soglo e Adrien Houngbédji) na segunda volta electoral. Estabeleceu unha economía liberal, Benín participou en misións internacionais de paz. Reformou a Constitución en 2005, e convocou eleccións, mais fracasou no seu intento dun terceiro período, sendo vencido por Yayi Boni.

Notas editar

  1. "Après 29 ans de pouvoir, le Président Kérékou tire sa révérence" (en francés). IRIN. 6 de abril de 2006. Consultado o 15 de outubro de 2015. après plus de 29 ans de pouvoir. Né le 2 septembre 1933 à Kouarfa dans le département de l'Atacora, dans le nord-ouest du Bénin, le Mathieu Kérékou a été pensionnaire des écoles des enfants 
  2. "Bénin : Mathieu Kérékou n’est plus" (en francés). lanouvelletribune. 14 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar