Mathieu Debuchy

futbolista francés

Mathieu Debuchy, nado o 28 de xullo de 1985 en Fretin, é un futbolista francés. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AS Saint-Étienne.

Mathieu Debuchy
Información persoal
Nome Mathieu Debuchy
Nacemento 28 de xullo de 1985 (38 anos)
Lugar de nacemento Fretin
Altura 1,77 m.
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Saint-Étienne
Número 26
Carreira xuvenil
1992–1993 Frétin
1993–2003 Lille
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2013 Lille 233 (16)
2013–2014 Newcastle United 43 (1)
2014–2018 Arsenal 13 (1)
2016Bordeaux (cedido) 9 (0)
2018– Saint-Étienne 18 (4)
Selección nacional
2011– Francia 27 (2)
Na rede
Facebook: matdebuchy Twitter: MatDebuchy FIFA: 358011 UEFA: 69160 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de setembro de 2018.
Selección: actualizado a 10 de outubro de 2015.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Club editar

Debuchy comezou a súa carreira no club da súa cidade natal, o Union Sportive Frétin, antes de fichar polo Lille OSC ós oito anos. Tras pasar dez anos na canteira do Lille, foi ascendido ó primeiro equipo antes do parón de inverno da tempada 2003-04. Fixo o seu debut coma profesional e coma titular no primeiro equipo o 30 de xaneiro de 2004 nun partido de liga contra o FC Metz.[1]

O 4 de xaneiro de 2013, Debuchy fichou polo Newcastle United FC inglés, a cambio de 5.5 millóns de libras. Asinou un contrato de 5 anos e medio, ata o verán de 2018.[2] Fixo o seu debut co Newcastle o 12 de xaneiro de 2013 contra o Norwich City.[3]

Selección editar

O 5 de agosto de 2010, Debuchy foi chamado por primeira vez coa selección francesa para disputar un amigable contra a selección noruega o 11 de agosto de 2010. Anotou o seu primeiro gol coa selección o 27 de maio de 2012 contra Islandia.

Foi incluído tamén no equipo da selección francesa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés editar

Club editar

Lille
2010-11
  • Copa de Francia: 1
2010-11
Arsenal
2014–15
2014, 2015

Notas editar

  1. "Metz v. Lille Match Report". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  2. "Newcastle complete Debuchy signing". Newcastle United F.C. 4 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  3. "Norwich v Newcastle: Debuchy Starts". Newcastle United F.C. 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar