Mater Matuta, na mitoloxía romana era a deusa da Mañá ou da Aurora. Máis tarde foi asociada á deusa grega Ino e aínda a Aurora (Eos).[1]

Mater Matuta (Altes Museum, Berlin)

Historia editar

Tiña un templo no Foro Boario, preto do porto fluvial de Roma, consagrado por Rómulo, destruído no ano 506 a.C. foi reconstruído no 396 a.C. por Marco Furio Camilo,[2] , na actual área de Sant'Omobono. r

A súa festa (Matrialia) celebrábase o 11 de xuño. A este culto só eran admitidas as mulleres esposadas unha única vez e das que o seu marido estaba aínda vivo, mentres que as mulleres escravas estaban excluídas de maneira tallante.[3]

Como mai de Portunus protexía os portos e os mariñeiros. O seu animal favorito era a víbora. Ás veces era representada cunha espada na man ou ben cun neno no colo e sentada.

Notas editar

  1. Cicerón, De natura Deorum, III,48
  2. Tito Livio, Ab Urbe condita libri, V,14.
  3. Plutarco, Quaestiones Romanae, 16.