Mateu o Evanxelista

Un dos doce apóstolos e dos catro evanxelistas
(Redirección desde «Mateo o Evanxelista»)

San Mateu Evanxelista,[1] tamén designado como Mateu Leví, Leví de Alfeo e Mateu apóstolo, foi un dos doce apóstolos de Xesús e tamén un dos catro evanxelistas. Represéntase cun libro na man, signo do seu evanxeo, e ás veces cunha pluma.

Infotaula de personaMateu o Evanxelista

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) ‏מַתִּתְיָהוּ‏‎ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor em Wikidata
Terra de Israel Editar o valor em Wikidata
Morte74 Editar o valor em Wikidata
Etiopía Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte non natural Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Apóstolo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCafarnaún Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrecadador de impostos , presbítero , Publicano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresXesús de Nazaret Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de setembro (Igrexa católica)
16 de novembro (Igrexa ortodoxa) Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoAngel of Saint Matthew (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaiAlfeu, pai de Levi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Chamado de Mateus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IBDB: 82051
Discogs: 1774420 Find a Grave: 5888278 Editar o valor em Wikidata
San Mateu, de Xosé Ferreiro, na sancristía de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela

O nome procede do hebreo Matithyah, que significa don de Iavé, ou presente, regalo de Deus. De aí adaptouse ó grego Maththaios e ó latín Matthaeus, de onde vén o nome Mateu nas linguas romances.

Dáselle o tratamento de santo por tódalas confesións cristiás que admiten esta distinción. A Igrexa Católica celebra a súa festa o 21 de setembro, pero a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.

Biografía editar

Antes de ser apóstolo, era recadador de impostos para os romanos en Cafarnaún, na antiga Galilea, e chamábase Leví (Mateu 9:9, Marcos 2:14, Lucas 5:27-29). Cando escoitou a predicación de Xesús abandonou todo e se incorporou ós seus discípulos, momento no que Xesús lle cambia o nome polo de Mateu e lle encarga a administración dos cartos que el e mailos apóstolos recibían como esmolas ou doazóns. Esta circunstancia fíxoo patrón dos banqueiros.

Trala morte de Xesús, a tradición di que foi evanxelizar Etiopía, aínda que non existen fontes documentadas disto nin das circunstancias da súa morte, martirizado nesta terra [2]. Crese que os seus restos se conservan na catedral de Salerno (Italia).

Escribiu o primeiro evanxeo tal como aparecen ordenados nas biblias cristiás, cara aos anos 70-80, segundo Eusebio de Cesarea. Para algúns autores antigos, como Agostiño de Hipona, escribiuno en arameo, aínda que o certo é que tódolos materiais coñecidos, tanto completos como fragmentarios, están en grego. Corre tamén a teoría de que o texto coñecido é unha tradución posterior.

Atributos editar

A imaxinería relixiosa represéntao cun libro na man ou cunha pluma, símbolos do labor como evanxelista. Como sexa que o seu evanxeo comeza describindo a xenealoxía humana de Xesús, tamén aparece acompañado dun home ou anxo, ou substituído por estas figuras. Igualmente, como trazo do seu oficio de recadador de impostos e tesoureiro dos apóstolos, tamén se lle representa escribindo sobre un cofre.

Noutros casos, aparece tamén dotado dunha macheta, dun coitelo, dunha lanza ou dunha fouce, como hipotéticos instrumentos do seu martirio.

Galería de imaxes editar

San Mateu en Galicia editar

 
O Mestre Mateu ó pé do Pórtico da Gloria

É patrón do concello de Trazo [3] e titular de cinco parroquias galegas:

Refraneiro editar

  • A doutrina de san Mateu, primeiros son os meus.
  • Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira.
  • Convidoume Xan Mateu e o viño pagueino eu.
  • Esmola san Mateu i esmolou prós seus.
  • Polo san Mateu bota os teus centeus.
  • Polo san Mateu deixa a cegoña a torre e por Brais a recolle.[4]
  • Polo san Mateu, vendima eu, vendimarei eu.
  • Por san Mateu vindima do teu.
  • Pregúntalle a Mateu que eu tan bo coma eu.
  • San Mateu enche as lameiras e san Marcos as baleira.[5]

Notas editar

  1. "Mateu na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. Epifanio de Salamis, bispo de Chipre, afirma que Mateu morreu en Partia (hoxe Irán) e foi Matías, outro dos apóstolos, quen morreu en Etiopía.
  3. Tamén o é do concello oscense de Monzón.
  4. San Brais celébrase o 3 de febreiro. Quérese dicir que a cegoña emigra a África en setembro e regresa para san Brais.
  5. San Marcos, 25 de abril. Quérese dicir que as lameiras, prados enchoupados permanentemente de auga, aparecen coas chuvias de setembro, para secar a finais de abril.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar