Mateo Sánchez López

Mateo Sánchez López, nado en Ferrol en 1985, é un químico galego especializado en bioenxeñaría.

Infotaula de personaMateo Sánchez López
Biografía
Nacemento1983
Ferrol
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalDoutor en Ciencias Químicas
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupacióninvestigador
EmpregadorMIT, Universidade Stanford, Imperial College London
Premios
Premio de Investigación Lilly, Premio da Plataforma Tecnológica y de Innovación de Química Sostenible de España

Traxectoria editar

Mateo Sánchez licenciosue en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e, sendo aínda alumno de doutoramento en química orgánica en dita universidade, obtivo o seu primeiro premio de investigación, o Premio de Investigación Lilly para Alumnos de Doutoramento, polo seu traballo sobre o desenvolvemento de moléculas capaces de recoñecer ácidos nucleicos, especialmente ADN, de forma selectiva. Estes premios recoñecen a calidade e a traxectoria de xoves investigadores nas áreas de química orgánica, Farmacéutica e Analítica de España. Foi o terceiro investigador predoutoral do CiQUS da USC que recibe este prestixioso galardón.[1]

Tras acadar o seu título de doutor, tasladouse ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde traballou durante dous anos, tras os que se incorporou ao departamento de xenética da Universidade Stanford, na que comezou a desenvover ferramentas moleculares que permiten identificar e manipular neuronas activas asociadas a determinados comportamentos.[2]

En palabras dou autor, «fixen a miña tese sobre química orgánica, pero despois decidín pasarme ao ámbito da enxeñaría de proteínas e á bioloxía molecular». En 2020 trasladouse ao Imperial College de Londres, porque quería estar o máis cerca posíbel de Galicia, a onde espera volver cando se presente unha boa oportunidade. Para este traslado conseguiu unha bolsa Marie Curie para seguir coa súa investigación no Imperial College, no grupo de bioenxeñaría. O obxecto de estudo de Mateo é o cerebro humano, un órgano que define como «máis complexo que o propio Universo». Seu traballo consiste en tratar de elaborar mapas neuronais. «Estes mapas serven para identificar e marcar as neuronas activas no cerebro asociadas a un comportamento determinado como, por exemplo, o medo e a ansiedade».

Notas editar

  1. USC, CiQUS (30 de setembro de 2014). "Mateo Sánchez obtiene el Premio Lilly de Investigación para Alumnos de Doctorado 2014". Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  2. Xavier Fonseca (2 de agosto de 2021). "Queremos identificar y manipular las neuronas responsables de la ansiedad". La Voz de Galicia. Consultado o 2 de agosto de 2021.