Mastro

peza vertical para sustentar velas nas embarcacións

O mastro, pau ou árbore[1] é unha ou varias pezas verticais usadas en náutica para sustentar nas embarcacións a vela a retranca, as crucetas e o velame.

Mastros do Grand Turk.

Os mastros xeralmente teñen sección circular ou oval e están feitos de madeira, aceiro, aluminio, fibra de carbono ou fibra de vidro.

Xuntamente co velame, o conxunto de mastros dun barco determina a súa armazón, que pode ser eslupe, cúter, iola, chalupa, escuna, brigue ou pallabote, entre outras. Os mastros tamén serven de soporte ás demais partes da embarcación, como antenas, paus de carga, farois, luz de posición etc. Nos antigos navios de madeira, soportaban tamén o cesto da gavia. Fixados no convés a través da carlinga e da enora, os mastros son mantidos en posición por cabos de aceiro chamados estais, á proa e á popa, e brandais, aos laterais do casco.

Os mastros poden ter diferentes nomes, dependendo da posición que ocupen: mastro principal (no centro), traquete (na proa) ou mecena (na popa). O gurupés, estrutura que sai da proa na dirección do eixo lonxitudinal do navío, tamén se considera un mastro.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mastro.