Masami Kuwashima (桑島 正美?), nado en Kumagaya o 14 de setembro de 1950, é un expiloto de carreiras do Xapón. Logo dunha certa experiencia nas fórmulas inferiores xaponesas, fixo un intento na Fórmula 1.

Infotaula de personaMasami Kuwashima
Nome orixinal(ja) 桑島正美 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Kumagaya, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo , piloto de automobilismo , enxeñeiro , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor em Wikidata

Un acordo para pilotar no Gran Premio do Xapón de 1976 co equipo RAM non chegou a nada, pero Kuwashima atopou un asento co Wolf-Williams Racing, pilotando un Wolf-Williams FW05. Participou na primeira sesión de adestramentos para a carreira, pero resultou bastante lento. En calquera caso, pouco despois ese mesmo día os seus patrocinadores retiraron o seu financiamiento da oferta de Williams, e Frank Williams rapidamente substituíu a Kuwashima por Hans Binder para a segunda sesión da práctica e a carreira. Kuwashima non tivo outra oportunidade na Fórmula Un, e volveu á Fórmula 2000 xaponesa e a Fórmula 2 series onde pasou o resto da súa carreira.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1976 Wolf-Williams Racing Wolf-Williams FW05 Ford V8 BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN
NTS
NC 0

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar