Masacre de Khojali

Coordenadas: 39°54′40″N 46°47′21″L / 39.91111, -46.78917

O masacre de Khojali, tamén coñecido como a traxedia de Khojali, foi o asasinato[1] de cando menos 161 civís azarís[2] da vila de Khojaly o 26 de febreiro de 1992. De acordo coa versión azarí, así como a Memorial Human Rights Center, a Human Rights Watch e outras organizacións internacionais[3][4] o masacre foi cometido por forzas armadas da etnia armenia, con apoio do 366.º Rexemento Motorizado ruso, aparentemente non actuando de acordo coa ordes do mando.[5][6] As autoridades azarís contan 613 civís, incluíndo 106 mulleres e 63 nenos mortos.[7] Este acontecemento foi o maior masacre ocorrido no transcurso do conflito no Nagorno-Karabakh.[8]

Monumento ó masacre de Khojali erixido na Haia, Países Baixos.

Os gobernos e medios de comunicación occidentais refírense a este suceso como o "masacre de Khojaly", a "traxedia de Khojaly" ou a "batalla de Khojaly".[9] As fontes azarís[10][11] ocasionalmente refírense ó masacre como o "xenocidio de Khojaly" (en azarí: Xocalı soyqırımı) e a "traxedia de Khojaly" (en azarí: Xocalı faciəsi).[12]

Contexto histórico editar

Oficialmente a recentemente creada República de Armenia negou calquera implicación co movemento pola secesión do Nagorno-Karabakh, baixo a forma de apoio loxístico, comida, combustible ou outro. Con todo, Levon Ter-Petrosian admitiu posteriormente o apoio loxístico e o pago dos salarios dos separatistas, pero negou o envío de tropas propias para o combate. A Armenia afrontaba un bloqueo debilitante por parte da agora República de Acerbaixán ademais de presións da veciña Turquía, que decidiu aliñar ao lado do Acerbaixán e establecer lazos estreitos con este.[13]

A única conexión terrestre de Armenia o Karabakh era a través do estreito e montañoso corredor de Lachin que só podía ser alcanzado de helicóptero. O único aeroporto da rexión situábase na pequena vila de Khojali, sete quilómetros ao norte de Stepanakert e cunha poboación estimada de 6 a 10 mil persoas. Engada-se aínda que, Khojali servía como base de artillaría desde 23 de febreiro[14] e ao final de febreiro, Khojali estaba bastante illada, tendo as forzas arménias desencadeado unha ofensiva o 26 de febreiro apoiada por carros de combate do 366ª unidade para capturar a localidade.

De acordo co lado azarí e outras fontes como a Human Rights Watch, a organización de dereitos humanos sedeada en Moscova Memorial e a biografía do líder Armenio Monte Melkonian, documentada e publicada polo seu irmán,[15] despois da captura de Khojali procederon ao asasinato de varios centos de civís que fuxían da cidade. As forzas armenias tiñan previamente afirmara que atacarían a cidade pero deixarían un corredor terrestre para permitir a fuga da poboación civil da cidade, porén, cando o ataque comezou, as tropas armenias, en maior número que as azarís, facilmente dominaron os defensores, que intentaron retirar xunto cos civís cara ao norte, cara á cidade de Agdam, controlada polo Acerbaixán. A pista do aeroporto fóra intencionada destruída, tornándose a temporalmente inútil, tras veren isto, as forzas atacantes perseguiron os escapados e abriron fogo sobre eles, matando bastantes civís.[15]

Afrontando cargos de grupos internacionais de masacrado intencionalmente civís, os oficiais armenios negaron a aparición de tal masacre e declararon que o obxectivo era só silenciar o lume de artillaría vindo Khojali.[16] Unha conta exacta do número de mortos nunca foi alcanzada, pero as estimacións máis conservadoras ligan con 485[17] mentres que a conta oficial das autoridades azarís ao número de mortos durante os acontecementos do 25 e 26 de febreiro apunta a 613 civís, dos cales 106 serían mulleres e 83 nenos.[18] O 3 de marzo de 1992, o Boston Globe informou que máis de 1.000 persoas foron asasinadas nos máis de catro anos de conflito, citando o alcalde de Khojali, Elmar Mamedov, en como existiron aínda 200 desaparecidos, 300 reféns e 200 feridos nos combates.[19] Un informe publicado 1992 pola organización humanitaria Helsinki Watch declarou que a súa enquisa apourou que os OMON azarís e membros "das milicias, aínda en uniforme e algúns aínda coas armas, estaban tamén xunto dos civís masacrados" o que pode ser a razón para os disparos armenios sobre eles.[20]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. de Waal, Thomas (2004). Black garden: Armenia and Azerbaijan through peace and war. ABC-CLIO. pp. 172–173. ISBN 0-8147-1945-7. 
  2. "Human Rights Watch World Report 1993 – The Former Soviet Union". Hrw.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  3. "New York Times - Massacre by Armenians Being Reported". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  4. "TIME Magazine - Tragedy Massacre in Khojaly". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2005. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  5. Small Nations and Great Powers: A Study of Ethnopolitical Conflict in the Caucasus By Svante E. Cornell
  6. Bloodshed in the Caucasus: escalation of the armed conflict in Nagorno Karabakh, vol. 1245 of Human rights documents, Human Rights Watch, 1992, p. 24
  7. "Letter from the Charge d'affaires a.i. of the Permanent Mission of Azerbaijan to the United Nations Office". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2006. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  8. Human Rights Watch / Helsinki Azerbaijan. Seven Years of Conflict in Nagorno-Karabakh. New York • Washington • Los Angeles • London • Brussels: 1994, p. 6. ISBN 1-56432-142-8
  9. "Armenians Gain in New Battle With Azerbaijanis". New York Times. 27 de febreiro de 1992. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2014. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  11. "Welcome". Hocalisoykirimi.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  12. "State Commission on prisoners of war, hostages and missing persons – Khojaly genocide". Human.gov.az. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  13. Gökay, Bülent (2003). The Politics of Caspian Oil. Nova York: Palgrave MacMillan. pp. 189–190. ISBN 0-3337-3973-6. 
  14. Kaufman, Stuart (2001). Modern Hatreds: The Symbolic Politics of Ethnic War. New York: Cornell Studies in Security Affairs. pp. 49–66. ISBN 0-8014-8736-6. 
  15. 15,0 15,1 Melkonian, Markar (2005). My Brother's Road: An American's Fateful Journey to Armenia. I.B. Tauris. p. 213. ISBN 1-85043-635-5. 
  16. O goberno armenio insiste en negar a aparición de tal masacre deliberada en Khojali e mantén que a maioría das baixas civís ocorreron no lume cruzado entre as tropas.
  17. de Waal, Thomas (2003). Black Garden: Armenia and Azerbaijan Through Peace and War. Nova York: New York University Press. ISBN 0-8147-1945-7. 
  18. "Carta do ‘‘Charge d'affaires a.i.’’ da Misión Permanente en Acerbaixán a Oficina das Nacións Unidas". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2006. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  19. Quinn-Judge, Paul (1992-03-03). "Armenians killed 1000, Azeris charge.". Boston Globe. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-03-02. 
  20. Denber R. Bloodshed in the Caucasus: Escalation of the Armed Conflict in Nagorno-Karabakh (Nova York: Helsinki Watch), Setembro de 1992, 19–21 ISBN 1-56432-081-2

Véxase tamén editar

Bibliografía editar