Mary Kenneth Keller

Científica informática estadounidense

Mary Kenneth Keller, nada en Cleveland (Ohio), o 17 de decembro de 1913[1] e finada en Dubuque (Iowa) o 10 de xaneiro de 1985, foi unha monxa católica, unha pioneira da informática estadounidense e a primeira muller doutora en informática nos Estados Unidos e está considerada unha das nais da tecnoloxía.[2]

Infotaula de personaMary Kenneth Keller
Biografía
Nacemento(en) Evelyn Marie Keller Editar o valor em Wikidata
17 de decembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Dubuque, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDubuque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison - Doutor en filosofía (1962–1965)
Clarke University (en) Traducir
DePaul University (en) Traducir
Mundelein College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de tesePreston C. Hammer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformática teórica , relixiosa católica , profesora universitaria , matemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorClarke University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Orde relixiosaCompañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Find a Grave: 142617784 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1932 ingresou na Congregación das Irmás da Caridade da Santísima Virxe María (Irmás da Caridade da Santísima Virxe María) e foi ordenada monxa en 1940.[2] Estudou na Universidade DePaul de Chicago, onde se licenciou en Matemáticas, recibindo un grao en Ciencias, e tamén realizou un mestrado en Ciencias en Matemáticas e Física.

Como estudante pasou pola Universidade de Wisconsin-Madison, Purdue, a Universidade de Míchigan e o Dartmouth College, onde foi pioneira en ser admitida. Mary Kenneth presentouse en Dartmouth, a pesar de que nos 188 anos de historia da universidade ningunha muller fora admitida. En 1958 ingresou no Laboratorio de Informática, reservado, ata entón, exclusivamente para homes. Alí participou no desenvolvemento da linguaxe de programación BASIC.[3]

Completou o seu doutoramento na Universidade de Wisconsin-Madison,[4] a súa tese titulouse Inductive Inference of Computer Generated Patterns realizada na linguaxe de programación FORTRAN que aínda se usa en aplicacións matemáticas e científicas. Nun primeiro momento, Kenneth foi considerada a primeira persoa en obter un doutoramento en informática nos Estados Unidos, pero investigacións posteriores indicaron que o mesmo día do mesmo ano, o 7 de xuño de 1965, Irving Tang tamén se doutorou.[5] En todo caso, é a primeira muller dos Estados Unidos doutora en Informática.[6]

Despois de completar o seu doutoramento, aceptou unha oferta para traballar na Universidade Clarke en Iowa, onde fundou o Departamento de Ciencias da Computación, que dirixiu durante dúas décadas. Tamén estableceu un programa de máster para aplicacións informáticas na educación.[7]

Keller defendeu o acceso universal á información e defendeu o uso da informática na educación, motivo polo que apoiou a creación da ASCUE (Asociación de Apoio a Usuarios de Informática en Educación), asociación para o uso da informática na educación.

Notas editar

  1. "The First Woman to Earn a PhD in Computer Science Was a Nun" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "¿Sabías que esta monja es una de las 'madres' de la tecnología?". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  3. Bitacoras.com. "Esta monja es una de las madres de la informática". Consultado o 21 de maio de 2016. 
  4. "UW-Madison Computer Science Ph.D.s Awarded, May 1965 - August 1970". Consultado o 8 de noviembre de 2010.  PhDs granted at UW-Madison Computer Sciences Department.
  5. London, Ralph L. "Who Earned First Computer Science Ph.D.? | blog@CACM | Communications of the ACM". Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  6. "Mary Kenneth Keller, hermana informática | Vidas científicas". 31 de maio de 2017. Consultado o 9 de septiembre de 2017. 
  7. Denis Gürer (2002). "Pioneering Women in Computer Science" (PDF) (en inglés). ACM SIGCSE Bulletin, Volume 34, Issue 2. ACM Press. Consultado o 9 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar