Marxismo libertario

Por marxismo libertario enténdese a un conxunto de movementos ou teorías que pertencen ao sector disidente do marxismo ortodoxo. É máis un concepto para a clasificación política que unha escola de pensamento, xa que non representa un corpus definido con precisión aínda que si certos elementos e tradicións comúns, por exemplo un profundo espírito antiautoritario.

Aínda que o termo pode resultar confuso, a pertenza á tradición do marxismo (aínda que heterodoxa) máis que á persoa de Karl Marx ven máis pola súa vinculación ás ideas filosóficas e económicas tanto de Marx como de toda a escola que se ten formado a partir das súas ideas.

Amosan rexeitamento cara ao chamado marxismo-leninismo, ao centralismo burocrático e á acción dende o Estado, ademais mostran unha apertura a correntes progresistas e revolucionarias que recoñezan a liberdade e o antiautoritarismo como un valor fundamental e a participación popular directa (por iso o cualificativo de libertario ou partidario da liberdade).

O rango do que se adoita catalogar como marxismo libertario inclúe interpretacións alternativas da aplicación política do materialismo dialéctico, a inclusión de teorías do vitalismo filósófico, a práctica da democracia deliberativa ou participativa, que sería o nexo de unión das correntes antiautoritarias marxistas co libertarismo ou anarquismo. O chamado marxismo cultural adoita ser incluído como unha manifestación de marxismo libertario.

Correntes consideradas como marxismo libertario editar

Achegas editar

Filosofías relacionadas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar