Maruxa (Santiago de Compostela)

Semanario editado en Santiago de Compostela en 1917

Maruxa foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1917.

Maruxa
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]
Banquete homenaxe a Mario López Blanco, director da revista. Vida Gallega, 1917.

Historia e características editar

Subtitulado Semanario escolar, apareceu o 1 de abril de 1917. Semanario estudantil fundado por Marino López Blanco e José Gómez Posada-Curros, editábase na imprenta Rivera. A partir do número 5 iniciou a sección "Verbas enxebres", na que se incluía literatura galega; nela aparecen colaboracións de Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Victoriano Taibo, Gonzalo López Abente, Leandro Carré Alvarellos e Salvador Cabeza de León. Cesou a súa publicación o 2 de decembro de 1917, e foi continuado por La Raza.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar