Martes de Carnaval (teatro)

Martes de Carnaval é unha triloxía teatral escrita por Valle Inclán e publicada en 1930. Componse de As galas do defunto, A filla do capitán e Os cornos de Don Friolera.[1] Polo contido descritivo das súas anotacións e o emprego da linguaxe nos diálogos e accións está triloxía considerouse como unha das pezas de pleno desenvolvemento do modo do esperpento.[2]

Martes de Carnaval (teatro)
Autor/aRamón María del Valle-Inclán
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Cronoloxía editar

Aínda que as obras apareceron baixo este título en 1930 todas elas foran publicadas con anterioridade. Os cornos de don Friolera en 1921, A filla do capitán en 1927 e As galas do defunto en 1926. A unidade do conxunto reside nas referencias ao estamento militar e ao concepto da honra.

Estilo editar

O esperpento utilizado por Valle Inclán, máis que un xénero literario, é unha nova forma de ver o mundo, xa que deforma e distorce sistematicamente a realidade, para presentarnos a imaxe real que se oculta tras ela. Para iso utiliza:

  • A parodia, humaniza obxectos e animais, reifica humanos.
  • As personaxes carecen de humanidade e preséntanse como marionetas.
  • As obras de Martes de Entroido ofrecen unha visión da sociedade que se atopaba no caos político, coa intención sempre de criticala.
  • A linguaxe é coloquial, son personaxes do mundo corrente. É un constante movemento no tempo e o espazo cotián.
  • O aspecto xenérico deriva tamén da tradición popular: en As Galas do defunto hai unha tradición do entremés e folletín. En Os cornos de don Friolera hai unha tradición da farsa. E en A filla do capitán atopamos referencias do sainete e folletín.
  • Valle crea obras cuxo aspecto estético-formal nace do choque da visión tráxica do mundo e da estética que nacen das formas populares que provocan a risa.

Título editar

Martes de Carnaval non fai referencia á data segundo a cal se calcula o momento do Entroido, un martes, senón máis ben ao plural do deus da guerra Marte. Segundo o código do esperpento o deus queda degradado a un simple disfrace cómico. Así, Martes de Carnaval fai referencia a varios disfraces de Marte, ou varios Marte celebrando o entroido. Dende o título queda claro o espírito esperpéntico da obra e a crítica á honra en sentido calderoniano.

Representacións editar

Xunto ás distintas interpretacións individuais, as tres obras que compoñen a triloxía interpretáronse por primeira vez xuntas en 1995 no Teatro María Guerrero de Madrid, con dirección de Mario Gas e un elenco que incluía a Dorotea Bárcena, Mercé Pons, Walter Vidarte, Pilar Bardem, Marc Martínez, Pepón Nieto, Alfonso del Real e José María Escuer.

En 2008 representouse para Televisión Española, con Juan Luis Galiardo como don Friolera, Juan Diego como Pachequín, Adriana Ozores, Magüi Mira, Paco Tous, Pilar Bardem, Jesús Franco, Luis Pérezagua, Antonio Gamero e Pepón Nieto.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A TVG emite a partir deste domingo a triloxía "Martes de Carnaval"". 9 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  2. del Valle-Inclán, Ramón María (1992). Martes de Carnaval (en castelán). Espasa Calpé. Prólogo. ISBN 978-84-670-2198-1.